Amosando publicacións coa etiqueta Convocatorias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Convocatorias. Amosar todas as publicacións

xoves, 13 de setembro de 2018

Probas de acceso de serigrafía para alumnado preinscrito no curso 2018-19 na EMAO

¡IMPORTANTE!

Todas as persoas pre-inscritas no curso 2018-19 na Escola municipal de Artes e Oficios de Vigo, para seren definitivamente admitidas e poderen formalizar a matrícula deben necesariamente presentarse e superar as probas de acceso correspondentes a cada especialidade. No caso de Serigrafía a proba será o día 18 ás 16:00 horas.

 SERIGRAFÍA ARTÍSTICA
18 de setembro ás 16:00 horas


 ¿En que consisten as probas de acceso?

As probas de acceso constan de dúas partes:
  • Un cuestionario no que o aspirante deberá cumprimentar preguntas xenéricas. Estas preguntas nunca serán referidas a cuestións técnicas sobre a especialidade. A valoración do cuestionario será global de 0 a 10.
  • Un exercicio práctico co material específico de cada especialidade,
    no que non se valorarán coñecementos específicos previos relativos á especialidade, senón conceptos, como habilidade, actitude, recursos e creatividade.
A nota final sairá da valoración conxunta do cuestionario e mais a proba práctica, e ponderarase do 0 ao 10.
O tempo para realizar a proba de acceso a estas especialidades será aproximadamente de 30 minutos en total.
O/a aspirante presentarase no horario indicado co DNI e un bolígrafo.


Para consultar a convocatoria completa das probas de acceso e sorteo, pincha aquí.

Convocatoria xeral do curso 2018-19, pincha aquí.

Probas de acceso e sorteo para alumnado preinscrito no curso 2018-19 na EMAO

Todas as persoas pre-inscritas no curso 2018-19 na Escola municipal de Artes e Oficios de Vigo, para seren definitivamente admitidas e poderen formalizar, se é o caso, a matrícula, deben necesariamente presentarse e superar as probas de acceso correspondentes a cada especialidade, conforme ao seguinte

CALENDARIO DE PROBAS

CAIM GAITA E ZANFONA (Construcción Artesanal de Instrumentos Musicais)
17 de setembro ás 16:00 horas
OURIVARÍA
- Persoas preinscritas no Curso Básico: 17 de setembro ás 16:00 horas
- Persoas preinscritas en Curso Extraordinario: 19 de setembro ás 16:00 horas
ARTESANÍA EN COIRO
- Persoas preinscritas no Curso Básico: 18 de setembro ás 16:00 horas
- Persoas preinscritas en Curso Extraordinario: 19 de setembro ás 16:00 horas
SERIGRAFÍA ARTÍSTICA
18 de setembro ás 16:00 horas
CERÁMICA ARTÍSTICA
Día 19 de setembro ás 16:00 horas
DESEÑO E ENCAIXE DE PALILLOS
20 de setembro ás 16:00 horas
TALLA E ESCULTURA EN MADEIRA
20 de setembro ás 16:0 horas

SORTEO

Nas especialidades de PINTURA E DEBUXO ARTÍSTICO, para a selección do alumnado realizarase un SORTEO entre todas as persoas pre-inscritas, o
18 de setembro ás 12:00 horas na Biblioteca da EMAO. Este sorteo é público.

¿En que consisten as probas de acceso?

As probas de acceso constan de dúas partes:

  • Un cuestionario no que o aspirante deberá cumprimentar preguntasxenéricas. Estas preguntas nunca serán referidas a cuestións técnicas sobre a especialidade. A valoración do cuestionario será global de 0 a 10.
  • Un exercicio práctico co material específico de cada especialidade,
    no que non se valorarán coñecementos específicos previos relativos á especialidade, senón conceptos, como habilidade, actitude, recursos e creatividade.
A nota final sairá da valoración conxunta do cuestionario e mais a proba práctica, e ponderarase do 0 ao 10.
O tempo para realizar a proba de acceso a estas especialidades será aproximadamente de 30 minutos en total.
O/a aspirante presentarase no horario indicado co DNI e un bolígrafo.


Para consultar a convocatoria completa das probas de acceso e sorteo, pincha aquí.

Convocatoria xeral do curso 2018-19, pincha aquí.

luns, 2 de xullo de 2018

Escola de Verán EMAO Vigo 2018

CURSOS CONVOCADOS 9 ao 20 de xullo Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo [preinscrición ata o 3 de xullo]
 Información :  https://bibliotecadaemao.blogspot.com/2018/06/escola-de-veran-emao-vigo-2018.html

 
Aula de Serigrafía artística : “INSOLADO E ESTAMPACIÓN CON LUZ E TINTES NATURAIS”

 
Impartido por Alba Pardo, mestra da EMAO da especialidade de Serigrafía artística
Destinatarios: Alumnado que cursara na EMAO a especialidade de Serigrafía artística e que non estean matriculadas na EMAO no curso 2017-18
Datas: do 9 ao 20 de xullo, de 10 a 13 horas
Duración: 30 horas
Programa:
Obxectivo: Xogaremos coa luz natural para facer o proceso serigráfico do insolado de pantallas así como para facer a antiga técnica fotográfica da cianotipia, tamén aprenderemos a obter tintes naturais para aplicalos á estampación serigráfica.   

Contido
Presentación histórica da cianotipia
Técnica da cianotipia
O proceso serigráfico
Insolado serigráfico con luz natural
Plantas tintóreas e elaboración de tintes naturais
Impresión serigráfica con tintes naturais
Material a aportar polo alumnado:
Acetatos, materiais opacadores, papeis, cinta adhesiva, pinceis


martes, 20 de xuño de 2017

CURSOS DE VERÁN NA EMAO. ESTAMPACIÓN E CONFECCIÓN TÉXTIL

*Aulas de Moda e Confección e de Serigrafía artística: “ESTAMPACIÓN E CONFECCIÓN TÉXTIL”
Impartido por Emma Pintos e Alba Pardo, mestras das especialidades na EMAO
Destinatarios: Persoas con coñecementos demostrables das especialidades. Terán prioridade os/as ex-alumnos/as de Moda e Confección ou de Serigrafía Artística da EMAO.
Datas: do 12 ao 21 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas
Inscrición: ata o 30 de xuño
Duración: 30 horas
Número de prazas: 15
Programa:
Presentación:
Curso de interdisciplinaridade entre os obradoiros de Serigrafía Artística e Moda e Confección, no que se explora a posibilidade de confeccionar prendas con tecidos estampados artesanalmente. Na primeira sesión farase unha presentación do curso por parte das mestras dos obradoiros e haberá unha charla introductoria de Natalia Moreno, deseñadora de estampados textís.

Contido:
Serigrafia (14 horas no obradoiro)
Preparación da pantalla serifráfica.
Emulsionado, insolado, revelado e secado.
Estampación sobre tecido.
Moda (16 horas no obradoiro)
Adaptación de padróns base.
Corte de tecidos.
Montaxe de prendas básicas.
Remate e acabados das prendas.

Material a aportar polo alumnado:
1 libreta cuadriculada A4
1 Lapiz 2B
Rotulador negro de punta fina
Cuter
Cinta de embalaxe
Cinta de carrocero
Regla de 50cm
Cinta métrica
Agullas e alfinetes
Dedal
Tesoira para tea
Xiz para tea (non branco)
O resto do material, ferramenta e maquinaria que se é o caso fose necesaria, será aportado pola EMAO.

Podedes atopar máis información dos monográficos doutras especialidades no blog da biblioteca .

xoves, 12 de maio de 2016

Convocatoria do Nivel Avanzado para o curso 2016-2017


Convocatoria do Nivel Avanzado para o curso 2016-2017.
O alumno/a que remate o nivel superior da especialidade na que estea matriculado/a, coa cualificación de apto/a, poderá acceder ao nivel Avanzado, que consiste no desenvolvemento dun proxecto persoal de fin de estudos directamente relacionado coa especialidade cursada, previamente presentado e seleccionado ao remate do curso académico, unha vez avaliado e calificado como Apto/non apto o proxecto desenvolvido, conforme ao Plan de Estudos da EMAO 2015 (PEMAO2015)
Este nivel ten carácter presencial, en sesións semanais de dúas horas de duración durante a totalidade do curso académico. A asistencia será obrigatoria para os /as seleccionados/as, cun máximo de faltas de asistencia xustificadas do 25% do total do crédito horario.
Á finalización do proxecto, que deberá ser rematado antes do fin do curso académico 2016-2017, o/a docente-titor/a emitirá un informe de valoración no que conste motivadamente se o alumno/a acadou ou non os obxectivos expresos indicados na súa memoria inicial de proxecto.

Prazos 

  • Do 23 de maio ao 13 de xuño de 2016, presentación de proxectos por parte do alumnado.
  • Do 14 ao 17 de xuño de 2016, informe dos proxectos por parte do profesorado e presentación da ficha docente normalizada de cada proxecto seleccionado á Comisión citada en 5.2.
  • Do 20 ao 29 de xuño de 2016: estudo e selección de proxectos pola Comisión de valoración
  • Dia 30 de xuño de 2016: exposición pública (taboleiro e internet) do listado de alumnado e proxectos seleccionados. 
Proxecto "Tecnoloxía Interestelar" 2014 de Isabel Prieto Varela

xoves, 29 de maio de 2014

Son ilustrador ¿e agora qué? e o Ilustranoite

Sergio Covelo, alumno de Proxectos, recórdanos que mañá na escola é o curso " Soy ilustrador ¿ y ahora qué ?" e despois será o Ilustranoite, entrada libre Detrás do Marco e a semana que ven a 3ª edición do Drink and Draw.



luns, 19 de maio de 2014

Ilustrando dudas

Son ilustrador ¿ e agora qué?. Un percorrido paso a paso cara á ilustración profesional. Neste curso se repasan as partes do traballo diario de ilustrador e se dan ferramentas e consellos para dar resposta ás preguntas máis frecuentes.

DATA E LUGAR :
Venres 30 de maio de 16 a 20 horas.
Na EMAO. Prazas limitadas.


PRECIO: Precio publico 20 euros. Alumnos EMAO : 16 euros ( enviando escaneado o carnet da escola). Socios AGPI: 16 euros.

INSCRIPCIÓNS: ilustrandodudas@gmail.com
http://www.ilustrandodudas.com/


venres, 16 de maio de 2014

O Mercado da Arte

O mercado de O Calvario cambiará o 17 de maio o pescado e as verduras por fotografías, pintura, cerámica e esculturas. O mercado da arte convertirá os bancais das peixeiras en expositores para que os artistas locais amosen e vendan as súas obras. 
Para reservar espacio o solicitar máis información podedes escribir a notodeelpescadoestavendido@gmail.com.


martes, 29 de abril de 2014

A pedaliña. Vive Vigo en bici


foto : Faro de Vigo
 Este é o sétimo ano que a asociación A golpe de pedal organiza este evento con motivo do Día Mundial da Bicicleta, un encontro que estrea novo nome, tras denominarse "Coñece Vigo a golpe de pedal", "Con bici sen CO2" e "Vive Vigo en bici a golpe de pedal". Para dalo a coñecer, convocaron un concurso de carteis ao que se presentaron máis de 150 obras e que finalmente gañou o Grupo de Iniciación B de Debuxo da nosa escola, institución que tamén colaborou na organización do certame. O obradoiro de serigrafía foi o encargado de facer a edición serigráfica dos carteis. Aquí amosamos algunh foto da entrega dos premios:
.http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2014/04/25/pedalina-fiesta-viguesa-bicicleta/1011611.html
Fotos do blog de debuxo:  http://debuxodaemao.blogspot.com.es/2014/04/pedal-debuxo-e-premio.html
 

luns, 13 de xaneiro de 2014

Apertura da IV Convocatoria do Proxecto "O Escaparate"

O Museo Liste e o C.A.T (Centro de Artesanía Tradicional) comunica: 
A apertura da IV Convocatoria do proxecto “O escaparate” para traballos artesáns susceptíbeis de ser expostos no C.A.T. Esta proposta que se inicia no 2013, intimamente ligada á nova andaina do CAT, ten por obxecto brindar un espazo de exposición á produción artesán lonxe das canles habituais como poidan ser feiras e comercio especializado. O proceso de selección dos traballos a exhibir neste primeiro trimestre do ano, arranca con esta convocatoria que, de xeito trimestral, convida á presentación do artesán e da súa produción. Para participar será presentación ou envío dun dossier no que se recolla a traxectoria e unha mostra da obra. 
Dirixido a: artesáns que queiran dar a coñecer a súa produción 
Prazo e lugar de presentación de dossieres ata o 26 de xaneiro, a través do seguinte correo electrónico: recepcion@museoliste.org ou na sede do Museo Liste de Vigo.

luns, 9 de setembro de 2013

Proba de acceso serigrafía día 10

Está exposto no taboleiro de anuncios da EMAO, e na páxina web da mesma, a listaxe provisional de preinscrición, para o alumnado de novo ingreso, curso 2013-2014 e o listado de alumnado procedente de cursos anteriores.

PROBAS DE ACCESO (CAIM, Cerámica, Encadernación e Serigrafía):
  . Día 10, Serigrafía, ás 16,30 h., en quendas de 45 minutos.
  . Día 11, Cerámica, ás 16,30h., en quendas de 45 minutos.
  . Día 12, CAIM (Luthería Galita e Zanfona) e Encadernación, ás 16,30h, en quendas de 45 minutos.

A asistencia a estas probas é obrigatoria para poder optar á matrícula nas especialidades citadas.

xoves, 23 de maio de 2013

Segunda Convocatoria para a Presentación de Traballos Artesáns dirixidos ao CAT "O Escaparate"

A Fundación Liste - Museo Etnográfico de Vigo, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas, no seu desexo de contribuír ao desenvolvemento da artesanía e co obxectivo de apoiar e promocionar o traballo do colectivo artesán, brinda un espazo no C.A.T. (Centro de Artesanía Tradicional) para expor os traballos seleccionados a través desta convocatoria. Este proxecto, bautizado co nome de "O Escaparate", ofrece un espazo expositivo nas instalacións do C.A.T. (Subida ao Castelo, 10), de xeito que o traballo deste colectivo chegue a un maior número de público.
Para participar ábrese esta convocatoria na que serán seleccionados os traballos que reúnan as condicións necesarias para a súa exposición. Os artesáns interesados, terán que enviar, ata o 31 de maio, un dossier onde se recolla a súa traxectoria e onde se mostre o traballo que realizan. Unha vez seleccionados por un comité formado por técnicos, os traballos artesáns serán expostos durante o 3º trimestre deste ano nos espazos habilitados no C.A.T. para este cometido.