Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiro activo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiro activo. Amosar todas as publicacións

xoves, 5 de abril de 2018

Visita ao CIEC, Centro Internacional da Estampa Contemporánea


Coincidindo co curso de serigrafía que se está a desenvolver actualmente no CIEC fixemos unha visita para intercambiar impresións. Un agradable encontro repetiremos sen dúbida!






mércores, 26 de xullo de 2017

Monográfico de estampación e confección téxtil



 Xa rematamos o monográfico sobre Estampación e Confección téxtil de 30 horas, interdisciplinariedade entre os obradoiros de Serigrafía e Moda e confección.
O tema elexido como punto de partida para traballar foi a intervención urbana realizada polo obradoiro de Debuxo da escola para a exposición Espazo Público ( podes ver o catálogo da expo aquí). O alumnado debuxou bicicletas do natural e con ese motivo crearon un panelado para o aparcadoiro de bicis da rúa Pontevedra.
Con eses debuxos o alumnado do monográfico serigrafiou tecidos e logo confeccionaron algo con eles. Estas son as fotos do resultado, esperamos que vos gusten!:





xoves, 13 de xullo de 2017

Charla coa Deseñadora de estampados Natalia Moreno

Emma G.Pintos(Moda), Natalia Moreno e Alba Pardo (Serigrafía)


 Onte comezou o monográfico de Estampación e Confección téxtil. Tivemos a sorte de contar coa colaboración de Natalia Moreno que deu unha charla amena e moi didáctica cargada de experiencia e anécdotas sobre o seu oficio como deseñadora de estampados. Graciñas Natalia!