Enlace blog alum@s e ex-alumn@s : http://emaoserigrafiaartistica.blogspot.com.es/ . Os alumn@s e ex-alumn@s que queiran colgar algo no blog poden poñerse en contacto coa mestra para facerse administradores e poñer noticias, enlaces, traballos ... inquietudes relacionadas co mundo da serigrafía artística.
Facebook : https://www.facebook.com/EmaoSerigrafiaArtistica
Amosando publicacións coa etiqueta blog alumno/as e ex-alumno/as b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta blog alumno/as e ex-alumno/as b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 22 de maio de 2013
mércores, 28 de novembro de 2012
BLOG DE ALUMN@S E EX-ALUMN@S
Ademáis deste blog de aula, tamén hai un blog de alumnos e ex-alumnos: http://emaoserigrafiaartistica.blogspot.com.es/ que foi creado coa intención de compartir os seus traballos e inquietudes relacionadas co mundo da serigrafía. Recolle a historia do obradoiro con homenaxes aos anteriores mestres Delmiro Bernárdez e Nelson Villalobos. Nel podemos ver as exposicións que fixeron tanto no obradoiro coma no espazo EMAO entre outras actividades así como os enlaces ao seu twitter e facebook.


Homenaxes aos anteriores mestres Delmiro Bernárdez e Nelson Villalobos :
Homenaxe a Nelson, texto e fotografía de Rafael Ojea :
Perfilados de medo, agradecemos
o medo que nos salva da loucura.
Decisão e coragem valem menos
e a vida sem viver é mais segura.
Aventureiros já sem aventura,
perfilados de medo combatemos
irónicos fantasmas à procura
do que não fomos, do que não seremos.
Perfilados de medo, sem mais voz,
o coração nos dentes oprimido,
os loucos, os fantasmas somos nós.
Rebanho pelo medo perseguido,
já vivemos tão juntos e tão sós
que da vida perdemos o sentido…
Sorte Nelson! Grazas e ata sempre!
Rafael Ojea Pérez
Director en funcións da EMAO
Permíteme o atrevemento de encabezar esta despedida con ese retrato teu que fixemos onte no meu despacho (compartindo esa común afección á fotografía), aproveitando esa luz tenue que cada día entra polas ventás da rúa Pontevedra para lembrarnos o compromiso que temos de reencontranos con esta cidade.
![]() |
Exposición fancine GB5 no espazo EMAO |
![]() |
Inauguración exposición fancine GB5 |


Homenaxes aos anteriores mestres Delmiro Bernárdez e Nelson Villalobos :
![]() | |||||||||
Exposición homenaxe a MIRO |
Homenaxe a Nelson, texto e fotografía de Rafael Ojea :
Nelson Villalobos, ¡ata sempre!
Vaise. Sempre o
dixo: o meu paso pola Escola de Artes e Oficios é temporal; quero
ensinar, comunicar o que sei, transmitir a miña experiencia, compartir
co alumnado, durante un tempo, unha vivencia de coñecemento e creación
en común. Correspóndeme devolver á sociedade, deste xeito, unha parte do
que a sociedade me deu.
Pero o seu tempo é para a creación libre (como él).
Non quixemos crélo, non desexabamos crélo.
Pero Nelson é dos
que cumpren, e acaba de anunciarnos que deixa xa a docencia na EMAO
para adicar todos os seus esforzos e tempo á creación artística, ao seu
obradoiro, aos seus proxectos editoriais, a todo iso esencial que se
volvera incompatible coas esixencias dun centro educativo.
¿Deixar un
traballo seguro en plena crise?... pero ¿hai pior crise que a de non
facer o que un desexa esencial e fondamente?... e iso sábeo ben este
cubano vigués que encandilou ao alumnado do seu obradoiro na Escola nos
últimos catro cursos cos segredos da súa paixón pola arte e o traballo
ben feito, sen gardarse nada, como fan as persoas sabias.
Botarei de menos a súa presencia na Escola, a súa aportación ao obxectivo de abrila ao que ocorre no mundo exterior.
Pero non botarei de menos as longas e pausadas paroladas con el: esas
continuarán, sen a pesada carga de exercer de director cando un o que
desexa, neses momentos, é ser amigo.
E queda agora no
vello caserón de García Barbón o soave arrecendo que deixa o Caribe nas
areas desa Cuba que amamos, e que ti tamén nos trouxeches sen a penas
nomeala.
Déixame rematar
co poema de Alexandre O´Neill que me veu á cabeza cando me comunicaches a
túa firme decisión que, con toda a mágoa da conciencia da perda que a
túa marcha supoñía para a Escola, comprendín de inmediato:
Perfilados de medo, agradecemos
o medo que nos salva da loucura.
Decisão e coragem valem menos
e a vida sem viver é mais segura.
Aventureiros já sem aventura,
perfilados de medo combatemos
irónicos fantasmas à procura
do que não fomos, do que não seremos.
Perfilados de medo, sem mais voz,
o coração nos dentes oprimido,
os loucos, os fantasmas somos nós.
Rebanho pelo medo perseguido,
já vivemos tão juntos e tão sós
que da vida perdemos o sentido…
Sorte Nelson! Grazas e ata sempre!
Rafael Ojea Pérez
Director en funcións da EMAO
Permíteme o atrevemento de encabezar esta despedida con ese retrato teu que fixemos onte no meu despacho (compartindo esa común afección á fotografía), aproveitando esa luz tenue que cada día entra polas ventás da rúa Pontevedra para lembrarnos o compromiso que temos de reencontranos con esta cidade.
AGORA TAMÉN COMEZAMOS A ANDAINA DO CURSO 2012/13 CON ESTE NOVO BLOG DE SERIGRAFÍA NO QUE ESTADES CONVIDADOS A PARTICIPAR, BENVIDOS!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)