mércores, 17 de abril de 2013

Exercicios de posibilidades expresivas da liña

Antes de  facer os primeiros fotolitos  ao inicio do curso fixemos exercicios para explorar a sensibilidade do trazo. Nestas fotos cos ollos vendados, aínda que pareza que estamos secuestrados no obradoiro, o que estamos a facer é debuxar cos ollos pechados. Trazamos puntos e liñas sobre o plano ao son de diferentes ritmos de música e palpando diversas texturas de obxectos.Tamén realizamos algunha composición representando volume mediante o sombreado utilizando a concentración e dispersión de liñas, despois abrimos os ollos para analizar o resultado.







Ningún comentario:

Publicar un comentario