xoves, 16 de maio de 2013

Festa DIM 2013 MARCO



FESTA DIM. Día Internacional do Museo 2013. “Museos (memoria+creatividade)=progreso social”


Dende 1977, o ICOM (Consello Internacional de Museos) invita aos museos de todo o mundo a celebrar o 18 de maio o Día Internacional do Museo, creado para promover o interese xeral pola xestión e as actividades dos museos e centros de arte. Nesta edición 2013 o DIM ten como lema Museos (memoria+creatividade)=progreso social. Unha ecuación que nos fala de conceptos esenciais para definir o Museo de hoxe en día, como a necesidade de conciliar a súa misión tradicional de conservación da memoria, coa creatividade necesaria para a súa renovación e para o desenvolvemento cultural.
Como é habitual, o MARCO súmase a esta celebración e ofrece unha programación especial o venres 17(Día das Letras Galegas), sábado 18 e domingo 19 de maio, con actividades para públicos de todas as idades, que se suman ás exposicións que se mostran en salas:

‘O BOSQUEXO DO MUNDO’, na planta baixa


‘HUM. Massimo Bartolini’, no primeiro andar


PROGRAMACIÓN E ACTIVIDADES


‘Micromundos’. Obradoiros infantís


Para nenos/as a partir de 3 anos sós ou acompañados de adultos
Data: venres 17, sábado 18 e domingo 19Horario: de 12.00 a 14.00Lugar: Laboratorio das Artes (1º andar)

O equipo de didáctica do MARCO preparou para esta fin de semana actividades moi especiais para compartir cos visitantes máis novos e as súas familias. Contacontos, xogos e experimentos creativos en torno a varias das obras presentes na exposición ‘O bosquexo do mundo’, como as de Marta Bran, Din Matamoro, Tamara Feijoo, Bosco Caride ou Ignacio Pérez Jofre. Coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, o nexo de unión son os libros, en distintos formatos ou apariencias, que se transforman en xogos de letras, peculiares esculturas, e historias animadas.

‘Bosquexos e sons’. Visitas guiadas ás exposicións


Para público en xeral
Data: venres 17, sábado 18 e domingo 19Horario: ás 13.00, ás 17.00 e ás 20.00Lugar: salas de exposición da planta baixa e do 1º andar
O persoal de salas acompañará aos visitantes en percorridos guiados polas instalacións sonoras de Massimo Bartolini no primeiro andar, e polas diferentes propostas dos artistas participantes na exposición ‘O bosquexo do mundo’, nos espazos da planta baixa.

Antón Lopo. ‘Lampíricos’
Performance


Para público adulto
Data: venres 17 e sábado 18Horario: ás 19.00Lugar: salón de actos
Antón Lopo. ‘Lampíricos’
Duración: 80’Música: David Granha, Davide Salvado e Pixi ArnosoIluminación: Antón Lopo e María SalvadoCoreografía: Antón Lopo e Eloy LesmillsVídeos: Antón Lopo e Pixi ArnosoCámaras: Pixi Arnoso, Xoán Villar e Antón LopoFotografía: Tono AriasDeseño gráfico: Manolo Martínez
Lampíricos é a nova proposta de Antón Lopo, alcume co que se coñece a unha das voces máis radicais da poesía galega actual. En Lampíricos conflúen varias liñas de traballo que Lopo despregou nos últimos anos; desde a oralidade e a poesía textual, á videocreación e a poesía conceptual, pasando pola performance ou a lírica salvaxe.

Concertos alumnado Conservatorio Profesional de Música


Para público en xeral
Horario: venres ás 18.00; sábado ás 12.00 e ás 18.00Lugar: rotonda central (panóptico), planta baixa / Fachada principalOrganiza: Conservatorio Profesional de Música de Vigo, en colaboración co MARCO
Con ocasión da Festa DIM, e en liña co obxectivo de ampliar as súas actividades a outros espazos culturais da cidade, o Conservatorio Profesional de Música de Vigo colabora de novo co MARCO ofrecendo actuacións dos seus alumnos en lugares non habituais; espazos de tránsito de visitantes nos que a presenza do público se une ao son dos instrumentos.

Tenda-libraría Rescrómica


Libros e catálogos a prezos especiais Data: venres 17, sábado 18 e domingo 19Horario: venres e sábado de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00; domingo de 11.00 a 14.00Lugar: vestíbulo principal

Con ocasión da fin de semana do DIM, a tenda-librería RESCRÓMICA poñerá a disposición do público unha selección de publicacións a prezos especiais, incluíndo catálogos de exposicións, no vestíbulo principal.

MARCO restaurante&café


Servizo de cafetería e restaurante
Horario: venres de 17.00 a 20.00; sábado de 09.00 a 21.00; domingo de 11.00 a 15.00Entrada por vestíbulo principal

O MARCO restaurante&café permanecerá aberto ao público durante a fin de semana, incluído o venres festivo (en horario de 17.00 a 21.00), sábado (de 09.00 a 21.00) e domingo (de 11.00 a 15.00).





Ningún comentario:

Publicar un comentario