![]() | |||
Exercicios en papel e téxtil de Esther Arjona López . Grupo de Iniciación. |
Datos do libro :
Título: "La vida nocturna de los árboles"
Autores: Shyam / Durga Bai / Urveti
Editorial en España: Faktoría K de Libros
ISBN: 978-84-96957-83-1
No blog da editorial Kalandraka teñen un post adicado a este máxico libro:
Na colección de Arte de FAKTORÍA K hai un recuncho destacado para libros selectos, únicos, especiais. Libros producidos coa adicación, a delicadeza e a intensidade da alma, non exentos dun considerable esforzo físico. Libros manipulados por expertos artesáns e chegados do lonxano Oriente, como os Magos que lle poñen o broche de ouro ao non menos máxico tempo do Nadal. Coa edición limitada e numerada de “Animalario, arte de la India”, FAKTORÍA K tendía unha ponte cultural con Tara Books. A esa obra súmase agora “La vida nocturna de los árboles”, na que Arumugam -Míster A para os amigos- e o seu equipo de impresores, obsequian os lectores cun traballo de calidade impecable.
Neste 2011, Ano Internacional dos Bosques, “La vida nocturna de los árboles”, galardoado co Premio Novos Horizontes na Feira Internacional do Libro de Boloña (2008), proponnos un achegamento á mitoloxía e mais á natureza.
Distintas visións das árbores, representadas mediante intrincados debuxos, enchen as páxinas deste marabilloso libro de arte da tribu Gond, afincada no centro da India. Como habitantes tradicionais dos bosques, os Gond cren que as árbores son o eixe da vida: durante o día, realizan un arduo traballo proporcionando sombra, acubillo e alimento. Pero pola noite, cando os visitantes diurnos marchan, os seus espíritos luminosos revélanse en todo o seu esplendor. Para esta comunidade, os aspectos práctico, estético e espiritual da natureza son facetas inseparables.
representacións de árbores sagradas: figuras abigarradas, de trazos precisos e detallistas, figuras de animais que se camuflan no conxunto, chamativos contrastes cromáticos… En “La vida nocturna de los árboles”, as imaxes acompáñanse de textos poéticos ou mitolóxicos que invitan a coñecer o rico e valioso imaxinario desta tribo.

Cada páxina de “La vida nocturna de los árboles” é unha obra de arte única, cos seus propios matices e peculiaridades. Mr. A dirixe actualmente un grupo de 16 impresores e nos últimos anos contribuiu á produción de máis de 180.000 libros manufacturados, o que equivale a máis de 11 millóns de aplicacións de tinta. Traballan e viven en Chennai, como nunha comuna. E a culminación de cada proxecto de impresión celébrana de forma festiva, compartindo unha comida especial de confraternidade.
No seguinte video podedes apreciar todo o proceso deste libro feito a man :
Ningún comentario:
Publicar un comentario