
Na charla que Jose Antonio Puras deu o venres incidiu moito na importancia da preparación da pel do animal para facer o pergamiño que é a base principal para facer un libro de calidade que se conserve ben durante séculos. Salvando as distancias ( obvias ) poderíamos establecer algunha relación ( un pouco forzada ) entre esa parte do proceso e o proceso de preparación da pantalla serigráfica, sobretodo no tensado e na importancia de ser a base principal (se algo vai mal no pergamiño/pantalla o resto do proceso estará perxudicado ) . Outras cousas curiosas que nos chamaron a atención foron que había plumas de escritura para zurdos e para diestros e que utilizaban un rodillo para marcar as liñas do pergamiño que serven de guía para a escritura.
Estivo moi interesante !
Ningún comentario:
Publicar un comentario