xoves, 4 de xullo de 2013

Graciñas Cris !


Ao inicio de curso a Cris costáballe arrancar para facer as súas própias imaxes, é o que ten levar toda a vida rodeada de arte e artistas que a súa crítica máis dura era ela mesma. A nosa amiga e compañeira do grupo de Iniciación de Serigrafía artística era unha coñecidísima galerista que desenvolveu a súa carreira nas galerías VGO, Novecento, Lepina e últimamente na galería PM8. Teño un recordo moi bonito dela co seu abrigo vermello de cadros negros curioseando por todo o obradoiro con ollos entusiasmados e preguntando todo o rato cómo facer isto ou aquilo. Menuda enerxía! De cando en vez se deixaba caer algunha tarde para levar a cabo as súas serigrafías e ver as cousas que facían os do outro grupo.
Graciñas Cris polo teu estusiasmo, por compartir con nós os teus coñecementos e anécdotas, polos libros regalados, polos abrazos, polo teu cariño, por mil cousas máis graciñas de corazón.




Ningún comentario:

Publicar un comentario