El Calotipo é un estudo de deseño e estampación artesanal de Zaragoza que fusiona procesos gráficos tradicionais con novas tecnoloxías en materia de deseño. Situado no barrio de San Pablo de Zaragoza, unha contorna que desde o século XV, foi testemuña da evolución destes oficios nos seus talleres.
" Pretendemos dar impulso a esta zona da cidade así como recuperar uns antigos oficios e traballar tomando as novas tecnoloxías como punto de partida: porque a impresión manual xera unhas calidades nos soportes de interese no deseño gráfico.
No Calotipo, producimos e comercializamos produtos editoriais selectos, cartelería, pezas textiles e outros obxectos de papel, elaborados con medios de estampación tradicional e coidados deseños.
Realizamos talleres formativos dos que se denominan Artes do Libro: serigrafía, gravado, tipografía manual e con fotopolímero (letterpress), encuadernación e deseño gráfico aplicado a cada técnica.
Ademais poñemos á túa disposición a maquinaria para os teus proxectos de autoedición así como residencias para artistas a nivel nacional e internacional. "
No Calotipo, entre moitas cousas interesantes, atopamos estas fotos de artefactos de estampación curiosos :
Prensa de probas - bicicleta deseñada por http:// |
A Nimbo Fabrique de El Calotipo |
Serigrafiaitalia : no seu facebook atopamos unha foto de esta bici-carro-serigráfica :
Foto de https://www.facebook.com/serigrafiaitalia?fref=ts |
Hola Por Qué : Unidade de serigrafía móbil
"Hola Por Qué somos Ana Escalera licenciada en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual, e Eduardo G. Villamañán, licenciado en Belas Artes, apaixonados do deseño e a ilustración. Este proxecto púxose en marcha, case sen nós sabelo, en 1999, cando nos atopamos e coincidimos, entre outras cousas, nas ganas de crear. Empezamos a traballar xuntos e en 2002 xurdiu Hola Por Qué nun pequeno local de Malasaña, en Madrid.
Hola Por Qué se converteu nunha marca de camisetas un tanto peculiar e máis tarde decidimos funcionar como taller de estampación para outros diseñadores e empresas. Sempre nos movemos entre o mundo da gráfica e a moda."
Video de Hola Por Qué : Un serígrafo no meu ascensorHola Por Qué se converteu nunha marca de camisetas un tanto peculiar e máis tarde decidimos funcionar como taller de estampación para outros diseñadores e empresas. Sempre nos movemos entre o mundo da gráfica e a moda."
http://www.flickr.com/photos/holaporque/7218953950/ |
Ningún comentario:
Publicar un comentario