venres, 25 de outubro de 2013

Proxectos 2013

O traballo resultante do proxecto fin de estudos de serigrafía artística de Macarena González Muñoz preséntase baixo o título “ Nuda Veritas”.
Trátase de serigrafías a catro tintas sobre papel tinguido con café e algún detalle a acuarela baixo a temática do desnudo da figura humana abordando a relación figura-fondo mediante composicións estudiadas: fondos con estampas de damasco, rosetóns dourados e pequeñas ornamentacións dánlle á obra un estilo que evoca a algúns movementos artísticos de finais do século XIX e principios do XX, como a sección vienesa, con Klimt ao frente, o simbolismo ou o modernismo.
Presentación do proxecto
Primeiras estampacións na máquina semiautomática
Sobre papel tinguido con café : Tinta 1 , tinta 2 ( azul ), tinta 3 ( dourado ), tinta 4 ( marrón escuro ).

Proba sobre papiro


 Nuda Veritas I, II, III, IV
Serigrafía, catro tintas e acuarela sobre papel tinguido con café.

50 x 30 cm

Inauguración exposición Proxectos 2013, podedes ver máis imaxes da inauguración  neste enlace

2 comentarios: