venres, 13 de decembro de 2013

Marc Taeger na EMAO


O martes 17 as 16.30 o ilustrador e deseñador Marc Taeger acompañaranos dando unha clase maxistral para os alumnos de Debuxo, Serigrafía e Escultura. Fará un monográfico sobre a técnica de grabado en linóleo, xa que as tres especialidades estamos a traballar en torno a este material. Marc presentaranos o seu novo traballo que está a ilustrar con esta técnica . A presentación farase na aula de Debuxo e a demostración práctica na aula de Serigrafía.
 



Ningún comentario:

Publicar un comentario