Estamos argallando algo para a festa de entroido de mañá enlazado co que estamos a ver nas clases de historia, neste caso coincidiunos vendo o Pop Art, en concreto a obra de Lichtenstein así que... mans á obra.
A arte Pop Xurdiu en Inglaterra a
mediados dos anos 50 pero o auxe foi en EEUU a finais dos anos 50 e na década dos 60. Os productos de masa adquiren a mesma importancia que os exemplares únicos difuminándose a diferenza entre alta cultura e cultura popular polo que os contidos preferidos do Pop Art son os medios de comunicación e a publicidade así como a sociedade de consumo.
Centrándonos na obra de Lichtenstein o artista utilizaba grandes formatos nos que suprimía a expresión da pincelada con trazos nítidos e puntos bendei e aplicaba as cores primarias de forma plana.
Van Gogh's Bedroom in Arles (1888) |
Lichtenstein's Bedroom at Arles (1992) |
Aquí deixo varios enlaces interesantes da páxina especializada en arte ARTSY . Un sobre Van Gogh e outro sobre unha serigrafía de Lichenstein.
Lichtensteando o obradoiro :
Mañá, martes de entroido, faremos xuntanza todos os alumn@s de serigrafía ás 4 no obradoiro e as 6 na clase de pintura para xuntarnos cos outros compañeiros da escola.
Ningún comentario:
Publicar un comentario