Xa se presentou o novo libro de Marc Taeger, ao que xa coñeces pola charla que deu na escola de cómo é proceso de elaboración dun álbum ilustrado. O libro " Elefante comellón" publicado por Kalandraka trátase dun relato do narrador Rafa Ordoñez que Marc Taeger acompaña con imaxes elaboradas coa técnica do linogravado. No proceso de impresión dos orixinais, o ilustrador contou coa colaboración dos mestres Alba Pardo e Federico Fernández da nosa Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO).
Podedes ver imaxes do proceso de elaboración das imaxes en linogravado no obradoiro da EMAO clicando aquí.
Durante este mes de abril, a sala de exposicións de Libros Para Soñar (Triunfo, 1. Vigo) acolle unha mostra das ilustracións de Marc Taeger, xunto con bosquexos e materiais utilizados no proceso do linogravado. “Elefante comellón” tamén se asoma ao escaparate da libraría, cunha instalación artística realizada polo propio artista.
Recorte de prensa de La Voz de Galicia 5/4/2014 |
Enlace á reportaxe do Faro de Vigo, 7 de abril : " Un cuento con mucho oficio ".
Suplemento do Faro de Vigo, 15 abril : A Escola do Faro
Atlántico Diario, 21 abril: " As dúas caras da serigrafía "
Ningún comentario:
Publicar un comentario