Este é o sétimo ano que a
asociación A golpe de pedal organiza este evento con motivo do Día Mundial da Bicicleta,
un encontro que estrea novo nome, tras denominarse "Coñece Vigo a golpe de pedal", "Con bici sen CO2" e "Vive Vigo
en bici a golpe de pedal". Para dalo a coñecer, convocaron un concurso
de carteis ao que se presentaron máis de 150 obras e que finalmente
gañou o Grupo de Iniciación B de Debuxo da nosa escola, institución que tamén colaborou na organización do certame. O obradoiro de serigrafía foi o encargado de facer a edición serigráfica dos carteis. Aquí amosamos algunh foto da entrega dos premios:
.http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2014/04/25/pedalina-fiesta-viguesa-bicicleta/1011611.html
Fotos do blog de debuxo: http://debuxodaemao.blogspot.com.es/2014/04/pedal-debuxo-e-premio.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario