xoves, 26 de xuño de 2014

Comendo de etiqueta : o flan

Para a exposición deste ano na escola que xira en torno ao título de Novos Produtos, dende a aula de serigrafía artística experimentouse con materiais diferentes aos utilizados normalmente na aula para atopar novas propostas e aplicacións xogando con materiais efímeros e tratando de axustar a adecuación técnica entre a viscosidade das tintas, a malla da tea serigráfica e a fraxilidade dos soportes.
En  Comendo de etiqueta xogamos co contido e co continente , coa comida e a súa embalaxe e presentación. Neste caso a comida ( o flan e o iogur ) están feitos de resina e o que é comestible son as etiquetas dos produtos.


Flan de resina
Serigrafía de tinta comestible sobre pasta de azucre



 

Foto do grupo de Serigrafía I , falta xente! Sara, Emilia .. entre os que faltan hai que facer mención especial a Esther ( "etiqueta Solla") e ao maestro das resinas Aarón, autor do flan e do iogur.

Ningún comentario:

Publicar un comentario