Serigrafía a 5 tintas de Douglas. Grupo Serigrafía 1.
Temática : os antecedentes da familia Fournier e a súa vinculación coa impresión e os naipes.
No ano 1712 nace en París Pierre Simon Fournier, fundidor de carácteres tipográficos, moi famoso, que se adicou ao gravado. Un dous seus fillos ,Francisco, nacido en París en 1760, trasládase á localidade francesa de Limoges, traballando como impresor.Contrae matrimonio en 1785 coa burgalesa María del Reoyo. Dese matrimonio nace Heraclio. É nesta xeración e a partir do ano 1860 cando a fabricación de naipes adquire un verdadeiro carácer industrial. Fundan unha sociedade que denominan "Fournier Hermanos", onde Braulio e Julián eran os estampadores e Heraclio e Gervasio
os gravadores. Os catro irmáns perfeccionan os seus coñecementos en
París, onde adquiren as máis modernas máquinas litográficas da época.
As circunstancias aconsellan a ampliación do negocio e pénsase na cidade de Vitoria, onde en 1868 marcha o menor dos irmáns, Heraclio Fournier e González e funda unha nova fábrica na capital alavesa, só ten dezanove anos. Á morte de Heraclio, faise cargo da empresa un dos seus netos: Félix Alfaro Fournier. A el débese o grande impulso da fábrica de Vitoria.
Nun primeiro momento a empresa creouse como unha compañía fabricante de
naipes, pero posteriormente ampliou as súas actividades dentro da área
das artes gráficas, realizando servizos de fabricación de selos,
impresión de libros e encadernación. O negocio prospera rapidamente e
vese obrigado a trasladarse a unha situación con maior espazo.
Imaxe da sección de impresión en 1948 |
En 1875, Fournier
aposta por novos métodos de impresión e por novos modelos gráficos.
Dous anos máis tarde, en 1877, encarga ao Profesor da Escola de Artes e
Oficios de Vitoria, Don Emilio Soubrier e ao pintor vitoriano Díaz de Olano, o deseño dun naipe, que baixo a dirección do propio Don Heraclio,
deu como resultado o actual naipe español coas figuras básicas da
firma, que con algunhas modificacións, é o que actualmente se encontra
no mercado e que todos coñecemos. En 1889, a produción de naipes de Heraclio Fournier recibe unha medalla de bronce na Exposición Universal de París.
No ano 1880, instala unha nova planta na rúa San Prudencio de Vitoria e realiza varias viaxes a Francia para incorporar ao seu negocio todos os avances para a fabricación de naipes.
Un ano máis tarde, en 1889, crea a baralla litográfica con doce cores, coa peculiaridade que no Ás de Oros figura a súa propia efixie.
Don Heraclio contraeu nupcias con Dona Nieves Partearroyo. En 1916, Heraclio Fournier morre en Vichy, e ao non ter fillos varóns, a empresa continuou a súa expansión, dirixida agora polo seu neto Félix Alfaro Fournier.
En 1948, Naipes Heraclio Fournier xa se converteu en líder absoluto do mercado nacional.

Fournier fabrica 16 millóns de barallas ao ano. É provedor homologado en todos os mercados internacionais de casinos.
Páxina oficial: http://www.nhfournier.es/es/home
Reportaxe Magazine El Mundo : http://www.elmundo.es/magazine/2004/271/1101920875.html
Biografía Heraclio Fournier en Portal de magia : http://www.portaldemagia.net/biografia-de-heraclio-fournier/
Proceso do traballo no obradoiro da escola. Grupo Serigrafía 1 :
Ningún comentario:
Publicar un comentario