xoves, 2 de outubro de 2014

PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL ‘A HISTORIA DE TOMI UNGERER’

O venres 3 , mañá, hai unha saída programada para acudir á invitación de CANAL + e dos amigos de LIBROS PARA SOÑAR (Triunfo nº 1, Vigo)  da proxección do documental “A historia de Tomi Ungerer”, escrito e dirixido por Brad Bernstein. CANAL+ Xtra emitiuno na súa programación e agora, con motivo do inicio da nova tempada de actividades de LIBROS PARA SOÑAR, preséntase nun acto dirixido a público adulto, especialmente profesionais vencellados á ilustración, ao deseño e á docencia artística.
O documental resume en 94 minutos as 40 horas de entrevista que Bernstein mantivo con Ungerer, que repasa a súa vida, as súas cinco décadas de traxectoria profesional e as súas múltiples facetas creativas, dende a literatura infantil e xuvenil ata os seus traballos máis subversivos de temática política, anti-bélica ou erótica, pasando polas súas incursións na publicidade ou na escultura. As súas palabras e ilustracións animadas combínanse con intervencións doutros debuxantes coetáneos, como Maurice Sendak ou Jules Feiffer.

 Tomi Ungerer (Estrasburgo, 1931), que xa foi galardoado co Premio Hans Christian Andersen en 1998 e co Premio Europeo de Cultura en 1999, vén de recibir en Francia a Orde Nacional do Mérito.

Proxección do documental "A historia de Tomi Ungerer" (CANAL+Xtra). 

 Como o espazo é pequeno, e para axilizar e axudar á organización hai unha lista para apuntarse no taboleiro da entrada do obradoiro ou se non ides pasar polo obradoiro mandade mail confirmando asistencia á seguinte dirección: serigrafiaemao@gmail.com
Estades convidados todos os grupos de serigrafía, incluído os de primeiro que comezaron hoxe.
Quedamos mañá ás 18:10 na escola! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario