luns, 29 de decembro de 2014

Concurso SABER & SABOR

.
 ss-capas2

Concurso Edición de obra serigráfica en 2 formatos: papel e consumible.

É un proxecto de Do Paraná, Espazo Serigráfico. Un concurso que premiará aos orixinais seleccionados, con edición de obra en papel e xornada de estampación en vivo de filloas con chocolate, aberta ao público.

Destinado a*s interesad*s no ámbito da edición de arte, ilustración, deseño… que presenten orixinais editables a través da técnica serigráfica.
Poderase participar en calquera das dúas categorías (Saber e Sabor) ou en ambas.
O premio outorgarase a 1 participante por categoría. O xurado estará constituído por recoñecidos profesionais nos seus ámbitos de actuación.

Se institúe co propósito de valorar e expandir a técnica serigráfica como medio de creación, experimentación e edición. Pretende desacralizar o feito artístico pluralizando e democratizando o acceso ás técnicas. Ambiciona establecer relacións colaborativas entre produtores e potenciais coleccionistas privados, empresas e institucións.

PREMIOS

SABER: Edición en papel, a dúas tintas.
A edición, que estará a cargo de Do Paraná, promotora do evento, será de 50 exemplares e 5 P/A, numeradas e asinadas por o/a ganador/a en acto público. 45 exemplares entregaranse ao autor/a. Os dez restantes destinaranse: dous ao Taller Do Paraná, con destino aos fondos da súa colección, un
para cada membro do xurado, e os restantes para sortear entre os asistentes á entrega de premios.

5 Accésits para aqueles traballos que non sexan premiados e que o xurado considere de calidade, consistentes en catálogo virtual, para visibilizar entre patrocinadores da edición física, (Crowdfunding ou prácticas tradicionais de venda). A fórmula máis
xusta de colaboración entre creade@r e produción será consensuada.

SABOR: Edición do orixinal escolleito en formato obra efémera. Se estampará en directo, sobre crêpe ou filloa e en lugar de tinta usarase chocolate. Ofrecerase unha degustación mentres se asina a obra ganadora en papel.

COMO PARTICIPAR
Consultando as Bases de Participación en www.doparana.com. Enviando a documentación. Compartindo evento nas redes sociais. Clicando 1 'gústame' en https://www.facebook.com/doparana.serigrafia

Admisión de orixinais: ata o 26/1/2015*
(*) Notificación a*s ganador*s mediante correo electrónico o martes 3 de febreiro de 2015.
Entrega de premios: venres 13/2/2015, en DO PARANÁ, Espazo Serigráfico

Ningún comentario:

Publicar un comentario