venres, 10 de abril de 2015

Demostración de diferentes técnicas sobre coiro

Coincidindo a clausura da exposición "Coiro... aínda que non o pareza" co primeiro dos tres Días Europeos da Artesanía , por iniciativa do mestre de Artesanía en Coiro, Pepe Pereira, no espazo EMAO fixemos demostracións de diferentes técnicas e oficios vencellados a este material.
En representación do obradoiro de Serigrafía Artística estivo Douglas, alumno de segundo , facendo demostracións de diferentes técnicas de estampación sobre coiro.
Utilizamos de mostra algunha pantaia de alumnos como Iria,  Emilia, Silvia...e linóleos que nos prestou o profe de Debuxo, Federico Fernández para facer gofrados.
Douglas serigrafiando sobre coiro. Os asistentes tamén probaron á técnica levando de recordo un pedaciño de coiro serigrafiado

A actividade era gratuíta e aberta a todo o público, os nenos e maiores o pasaron en grande probando diferentes técnicas. Como vedes , na escola non nos fai falla ir a un ximnasio...  somos forzudos dabondo ...


Ningún comentario:

Publicar un comentario