luns, 7 de novembro de 2016

Exposición "Proxectos 2016" no Espazo EMAO




Este próximo venres, 11 de novembro ás 19 h, inaugúrase a exposición PROXECTOS 2016, mostra dos proxectos artesanos e artísticos realizados polo alumnado que rematou os seus estudos do Nivel Avanzado das especialidades da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo no curso 2015-2016.
O Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), aprobado polo Concello no ano 2015, implementou un novo nivel educativo, o Avanzado, destinado a completar a formación técnica e artística do alumnado mediante a redacción, selección e posterior desenvolvemento dun proxecto titorizado polo mestre de cada especialidade.

A Mostra que se abre nestes días na Sala de Exposicións da EMAO, o Espazo EMAO, recolle o producto final do desenvolvemento deses proxectos, en concreto, das especialidades de Cerámica artística, Serigrafía artística, Ourivaría, Talla e escultura en madeira, Pintura, Debuxo artístico, Construcción de instrumentos-Gaita e Deseño e encaixe de palillos.

Un total de 26 obras de grande calidade, que supoñen a plasmación material dun ano de traballo de investigación, formación, conceptualización e fabricación baixo as premisas dos dous eixes principais sobre os que pivota a actividade educativa e cultural da EMAO: a excelencia técnica e a creatividade.
 
Comisariado: Mestres das especialidades
Coordinación: Rafael Ojea Pérez
Cartel: Marian Núñez
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo 

Lugar: Espazo EMAO. Edificio Anexo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (entrada polas
rúas Rosalía de Castro e Pontevedra).
Datas: do 11 de novembro ao 27 de decembro de 2016
Horarios: de 19:00 a 21:00 horas, dias laborables

Ningún comentario:

Publicar un comentario