*Aulas de Moda e Confección e de Serigrafía artística: “ESTAMPACIÓN E CONFECCIÓN TÉXTIL”
Impartido por Emma Pintos e Alba Pardo, mestras das especialidades na EMAO
Destinatarios: Persoas con coñecementos demostrables das
especialidades. Terán prioridade os/as ex-alumnos/as de Moda e
Confección ou de Serigrafía Artística da EMAO.
Datas: do 12 ao 21 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas
Inscrición: ata o 30 de xuño
Duración: 30 horas
Número de prazas: 15
Programa:
Presentación:
Curso de interdisciplinaridade entre os obradoiros de Serigrafía
Artística e Moda e Confección, no que se explora a posibilidade de
confeccionar prendas con tecidos estampados artesanalmente. Na primeira
sesión farase unha presentación do curso por parte das mestras dos
obradoiros e haberá unha charla introductoria de Natalia Moreno,
deseñadora de estampados textís.
Contido:
Serigrafia (14 horas no obradoiro)
Preparación da pantalla serifráfica.
Emulsionado, insolado, revelado e secado.
Estampación sobre tecido.
Moda (16 horas no obradoiro)
Adaptación de padróns base.
Corte de tecidos.
Montaxe de prendas básicas.
Remate e acabados das prendas.
Material a aportar polo alumnado:
1 libreta cuadriculada A4
1 Lapiz 2B
Rotulador negro de punta fina
Cuter
Cinta de embalaxe
Cinta de carrocero
Regla de 50cm
Cinta métrica
Agullas e alfinetes
Dedal
Tesoira para tea
Xiz para tea (non branco)
O resto do material, ferramenta e maquinaria que se é o caso fose necesaria, será aportado pola EMAO.
Podedes atopar máis información dos monográficos doutras especialidades no blog da biblioteca .
Ningún comentario:
Publicar un comentario