Coincidindo co curso de serigrafía que se está a desenvolver actualmente no CIEC fixemos unha visita para intercambiar impresións. Un agradable encontro repetiremos sen dúbida!
Amosando publicacións coa etiqueta Actividades extraescolares b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actividades extraescolares b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 5 de abril de 2018
luns, 6 de outubro de 2014
Documental de Tomi Ungerer en Libros para Soñar
O pasado venres asistimos á proxección do documental de Tomi Ungerer en Libros Para Soñar Xuntámonos algúns alumnos de Debuxo, Serigrafía Artística e
Escultura e Talla en Madeira e saímos encantados coñecendo un pouco máis da figura e da obra deste autor e ilustrador tan controvertido.
http://www.tomiungerer.com/
Reportaxe na RCTVG : http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/en-vigo-presentase-un-documental-sobre-o-ilustrador-tomi-ungerer#.VC5RsfMc1op.facebook
Reportaxe na RCTVG : http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/en-vigo-presentase-un-documental-sobre-o-ilustrador-tomi-ungerer#.VC5RsfMc1op.facebook

![]() |
| Fotos do facebook de Libros para soñar: |
xoves, 2 de outubro de 2014
PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL ‘A HISTORIA DE TOMI UNGERER’
O venres 3 , mañá, hai unha saída programada para acudir á invitación de CANAL + e dos amigos de LIBROS PARA SOÑAR (Triunfo nº 1, Vigo) da proxección do documental “A
historia de Tomi Ungerer”, escrito e dirixido por Brad Bernstein. CANAL+ Xtra
emitiuno na súa programación e agora, con motivo do inicio da nova
tempada de actividades de LIBROS PARA SOÑAR, preséntase nun acto
dirixido a público adulto, especialmente profesionais vencellados á
ilustración, ao deseño e á docencia artística.
O documental resume en 94 minutos as 40 horas de entrevista
que Bernstein mantivo con Ungerer, que repasa a súa vida, as súas cinco
décadas de traxectoria profesional e as súas múltiples facetas
creativas, dende a literatura infantil e xuvenil ata os seus traballos
máis subversivos de temática política, anti-bélica ou erótica, pasando
polas súas incursións na publicidade ou na escultura. As súas palabras e
ilustracións animadas combínanse con intervencións doutros debuxantes
coetáneos, como Maurice Sendak ou Jules Feiffer.
Tomi Ungerer (Estrasburgo, 1931), que xa foi galardoado co
Premio Hans Christian Andersen en 1998 e co Premio Europeo de Cultura en
1999, vén de recibir en Francia a Orde Nacional do Mérito.
Como o espazo é pequeno, e para axilizar e axudar á organización hai unha lista para apuntarse no taboleiro da entrada do obradoiro ou se non ides pasar polo obradoiro mandade mail confirmando asistencia á seguinte dirección: serigrafiaemao@gmail.com
Estades convidados todos os grupos de serigrafía, incluído os de primeiro que comezaron hoxe.
Quedamos mañá ás 18:10 na escola!
Visita de BEN ASHTON
Gracias a mediación de Sabela e Kiko, alumnos de Serigrafía II, onte tivemos a sorte de que estivera connosco no obradoiro Ben Ashton . Ben é serígrafo de profesión, autodidacta e acostumado a facer grandes tiradas e a traballar por encargos . Ten o seu obradoiro de serigrafía en Glasgow e fai serigrafía artesanal en gran variedade de superficies. Tivo a amabilidade de amosarnos o seu traballo e respostar as nosas preguntas sobre cómo tratar cos clientes ou truquiños de cómo facer insoladora caseira de gran tamaño. A súa páxina web : http://www.ashtonscreenprint.com/
Grazas Ben e graciñas tamén a Iván que fixo de enlace e de excelente traductor.
Algúns dos seus traballos:
![]() |
Gethin Wyn Jones
5 colour print on stainless steel one of a set of 12 prints for an exhibition
at the exeter phoenix 2011
|
Finch & Fouracre
3 colour tartan print on board
as part of model kit
design by Finch & Fouracre
|
![]() |
| Horse Graphic
caribou poster
4 colour print on cyclus offset paper
594 x 420 mm
design by Horse
|
![]() |
| Horse Graphic
no means no poster
4 colour print on cyclus offset paper
594 x 420 mm
design by Horse
|
![]() |
| Various Assorted Flyers |
![]() |
| Rob Churm
7 colour print and mixed media
by Rob Churm
|
![]() |
Sophia Augusta
4 colour print on fabriano rosaspina 700 x 500 mm
from a book illustration by Sophia Augusta
|
mércores, 17 de abril de 2013
Na biblioteca da EMAO
A principio de curso coñecimos a magnífica biblioteca da EMAO. Da man da nosa bibliotecaria preferida viaxamos pola historia da biblioteca e visitamos o fondo histórico, o fondo moderno e as publicacións seriadas. A biblioteca ten un completísimo e actualizado blog con recursos online e publicacións especializadas : http://bibliotecadaemao.blogspot.com.es/
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)























