Amosando publicacións coa etiqueta Os compañeiros da EMAO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Os compañeiros da EMAO. Amosar todas as publicacións

xoves, 10 de xullo de 2014

Exposición Novos Produtos






  Datas: 20 de xuño a 8 de outubro de 2014 (agosto pechada)

Horario: laborables de 19:00 a 21:00 horas

Lugar: Espazo EMAO (entradas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)

Idea, produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Comisariado: Marián Núñez e Alba Pardo (mestras de Encaixe de Palillos e Serigrafía artística na EMAO)
 Tras a apertura, no ano 2011, da nova Sala de exposición da Escola de Artes e Oficios, o Espazo EMAO, quixemos que este servise de lugar para a expresión, tanto da historia da nosa centenaria Escola como da capacidade e iniciativa artesá e creativa do seu profesorado e alumnado. Desde aquela data, son, con esta, 12 exposicións que demostran a consolidación deste espazo que o Concello de Vigo, a través da EMAO, ofrece á cidade.
Da reflexión sobre o uso e ocupación deste singular espazo, xurdiu, en 2013, a iniciativa de mostrar, ao remate de cada curso académico, os resultados materiais e simbólicos dun proxecto que, proposto anualmente no claustro do profesorado, partise  dunha idea xeradora única para que, interpretada libremente, dese lugar ao despregue do traballo, imaxinación e saber facer dos distintos talleres.
Esta idea xeratriz, foi, en 2013, Branco e negro: primeira das exposicións dunha serie con vocación de periodicidade e permanencia.
A principios do curso 2013-2014, seleccionouse unha nova idea, xerouse unha frase da que agromasen pequenos proxectos creativos, desenvolvidos coa participación do alumnado dos talleres, a partir dunha iniciativa individual ou colectiva, pero, en todo caso, asumida por toda a clase.
Con Novos produtos establecíase o reto de xogar co equívoco, coa sorpresa, co non-obvio, coa ironía, o absurdo ou, sobre todo, coa experimentación co que, non por ser inhabitual, deixa de ser posible... mesmo útil, pero, en todo caso, suscitante do interese dos seus artífices e do espectador.
Xogar con materiais distintos, extremar a lectura dos obxectos, fuxir do meramente denotativo para establecer diverxencias, connotacións, terceiras vías, pasos cambiados, ese era o reto.
A idea inicial transfórmase así, a través da visión e vivencia particular de cada taller e de cada individualidade, nunha explosión controlada de obxectos, irónicos uns, radicais ou reivindicativos do efémero, demostrativos do poliédrico do cotián, outros; coa procura da excelencia artesá e creativa, todos.
Obxectos e instalacións que poñen de manifesto, nesta mostra, a riqueza do proceso de aprendizaxe na EMAO, máis alá das técnicas curriculares ou de modelos preconcibidos.
Novos produtos sitúase así, na contemporaneidade que corresponde a unha Escola que vive e se alimenta do seu tempo, que non esquece o seu pasado centenario, pero que é reflexo, e quere reflectir, a realidade complexa que a circunda e na que está, cremos e queremos, definitivamente inserida.

Novos produtos sitúa o espectador non só na pregunta e goce do que ten agora diante, senón tamén, iso pretendemos, na curiosidade e expectativa: que nos amosará a Escola de Artes e Oficios viguesa en 2015?. Estean atentos.



PLANTA BAIXA :
DESEÑO E ENCAIXE DE PALILLOS
 Título: Praia imposible
Materiais: Plástico
Técnica: Encaixe de palillos



MODA E CONFECCIÓN
TÍTULO: A PRINCESA DE PAPEL
MATERIAIS: CARTÓN DE PATRÓN, SABA HIPOALERXÉNICA TINGUIDA CON BETADINE
DIMENSIÓNS: VARIABLES



ENCUADERNACIÓN

TÍTULO: O LIBRO ENFERMO
MATERIAIS: MATERIAL QUIRÚRXICO ( GASAS, VÍAS...) PAPEL E CARTÓN
DIMENSIÓNS: A5

ARTESANÍA EN  COIRO
Dende o obradoiro de “Artesanía en Coiro”, lle puxemos un engadido ó título de esta exposición, “Novos Productos, Vellos Coñecidos”. Nos tempos que estamos a vivir, a idea que queremos transmitir é que moitas veces perdemos o tempo ou gastamos os cartos en algo, tendo preto de nos moitas cousas que que servirnos para o mesmo, o que tratamos é de darlle un novo uso ás cousas que temos preto, non se trata nin do low cost, nin do reciclaxe, senon dun “made in feito na casa”, pero ben feito e probado.
Obtemos de este modo tintes totalmente caseiros e permanentes, como os de bicarbonato ou oxido, un garfo de mesa como ferramenta decorativa e de costura, unha broca de taladro vella que se transforma nun mateador ou uns botóns esquecidos que sirven para decorar coa impronta que deixa no coiro…
Algunhas das ideas destes “Novos Productos” son fruto do noso obradoiro, outros, son heredados de xente como Serge Volken ou doados por outros como Michael Nadeau.

Título : Quen me pon a prensa enriba para que non levante textura.
Materiais: Prensa caseira, coiro, parrilla metálica, antideslizante de Ikea, malla plástica de xardín.
 ESCULTURA E TALLA EN MADEIRA
TÍTULO: WERTIDOS
INSTALACIÓN ARTÍSTICA A PARTIR DO CONCEPTO DO LIBRO DE ARTISTA
CERÁMICA

TÍTULO: COME SE PODES
MATERIAIS: LOUZA E TEXIDO DE ALGODÓN
DIMENSIÓNS: 50 cm ancho x 12 cm alto

 DEBUXO
  CAIM GAITA
LUTHERÍA ANTIGA
 PLANTA 1 :
 PINTURA
OURIVERÍA

 CAIM ZANFONA
Vintetantas técolas é unha especie de trivial sobre coñecementos da zanfona , gaña o que sexa capaz de respostar correctamente ás preguntas e ir acumulando pezas de zanfona ata completar o instrumento.
 SERIGRAFÍA ARTÍSTICA
 Para a exposición de Novos Produtos o obradoiro de Serigrafía presentou varios traballos usando materiais efémeros e comestibles:  Ars Serigraphica e Comendo de etiqueta .
En  Comendo de etiqueta xogamos co contido e co continente , coa comida e a súa embalaxe e presentación. Neste caso a comida ( o flan e o iogur ) están feitos de resina e o que é comestible son as etiquetas dos produtos que están feitos de serigrafía de tinta comestible sobre pasta de azucre
 Ars Serigraphica é unha serie de serigrafías a modo de tratado anatómico do brazo dun serígrafo . As serigrafías están feitas de chocolate sobre oblea .Podes ver máis sobre o proceso de cómo fixemos serigrafías de chocolate sobre oblea aquí :http://serigrafiaemao.blogspot.com.es/2014/06/proceso-das-serigrafias-de-chocolate.html



...

martes, 11 de febreiro de 2014

Visita a expo " Da mimese a creación "

Onte, o obradoiro de serigrafía, xunto co obradoiro de debuxo, visitamos a exposición dos compañeiros de pintura da man da súa profesora que nos fixo unha visita guiada. A exposición "Da mimese á creación"  estará no espazo emao do 24 de xaneiro ao 14 de marzo de 2014. Máis información no blog de pintura :
.http://paulampazo.blogspot.com.es/2014/01/da-mimese-creacion-o-obradoiro-de_26.html


venres, 22 de novembro de 2013

Linoleando



 Os obradoiros de debuxo e serigrafía fixemos en colaboración unha demostración da técnica do gravado en linóleo. Federico, o mestre de debuxo, estampou un linóleo que fixo para a "Illa do tesouro" da Editorial Xerais. Seguiremos colaborando o próximo mes pero con planchas xa dos alumnos...




luns, 22 de xullo de 2013

Proceso exposición Branco e Negro

Para a exposición " Branco e Negro "  fixemos unha instalación de caixas de luz xogando con serigrafías e imaxes radiográficas. 
Primeiros pasos: elección das radiografías
Cada alumno do grupo de serigrafía 2 elexiu unha imaxe radiográfica do corpo humano e a partir de ahí traballou atopando metáforas visuais e construíndo a súa caixa sen perder o fío común de conexión entre todos os traballos. Hai serigrafías sobre acetatos, sobre cristal, sobre a propia radiografía tratando de amosar a imaxe velada , atopando similitudes entre o proceso serigráfico no cuarto escuro mediante o revelado de pantaias e o proceso de radioloxía médica que nos revela o que acontece no interior do corpo humano.

Branco e Negro
Luz e escuridade
Son e silencio
...

Primeiros pasos : escoller as radiografías e facer as caixas de luz.
Moitísimas grazas a Xaime de Construcción Artesanal de Zanfona que nos axudou a facer as  caixas e sempre tivo as portas do seu obradoiro abertas.




Serviunos de inspiración o texto de Aníbal J. Morillo, MD. O corpo humano revelado: anatomía arte e radioloxía, o podes ler completo se clicas aquí. O autor é radiólogo institucional, Coordinador Académico do programa de posgrao en radioloxía do Departamento de Imaxes Diagnósticas do Hospital Universitario da Fundación Santa Fe de Bogotá. 
Algúns fragmentos do texto que nos inspiraron foron: 

En novembro de 1895, un físico chamado Wilhelm Conrad Röntgencambiou a historia da medicina. Na escuridade do seu laboratorio, na Universidade de Wurzburgo,Alemania, Röntgen levou a cabo algúns experimentos cun tubo de raios catódicos,cuando foi testemuña dun fenómeno sorprendente. Detectou unha sombra do seu propia mano, pero non era unha sombra común, senón unha moi particular, na que puido discernir algunhas das partes que son invisibles a simple vista, como os ósos. O descubrimiento resultou sendo un momento de pánico, pois podía significar que se estaba toleando. É así como invitou á súa esposa, Anna Bertha, ao seu laboratorio, e lle pediu que puxese a súa man sobre unha placa fotográfica, á vez que a irradiou con esta extraña emanación, á que bautizou raios X , pola súa natureza descoñecida. Desta manera,obtuvo a primeira radiografía feita a unha persoa, demostración que lle , pois significaba que non estaba a alucinar.Non obstante, para Anna Bertha, a visión dos seus propios ósos pareceulle como unha premonición da súa morte.(http://ajmorillo.blogspot.com/2006/01/haiku-radiolgicoperspectivas.html)


Nacera a  fotografía Röntgen. Nesa época, ver non era «ben visto». corpo humano non estaba concebido como algo digno de ver. Mesmo para os médicos, o exame médico podía incluír a palpación, pero era impensable usar o sentido da vista para a análise semiolóxica. O corpo sempre debía manterse cuberto. Así, non é difícil comprender o impacto que tivo para algúns sectores o feito de que se poidese ver o interior do corpo humano, como o testemuñan algunhas declaracións na prensa:

« ...A consecuencia do descubrimento parece ser que se poden ver os osos das persoas. Non fai falla discutir sobre a repulsiva indecencia deste feito ...Quizais o mellor sería que as nacións civilizadas unisen esforzos para queimar todos os traballos sobre os raios Röntgen, que executaran aos descubridores, recollesen todo e enviáseno ao fondo do océano.Que os peixes contemplen os seus propios ósos, nós non...»


Para 1900, a radioloxía establecérase como un método de diagnóstico médico. Paralelamente, encontráronse tamén algúns usos non médicos para os raios X, cos cales se podían estudar obxectos diversos. Por exemplo, a análise de especímenes arqueolóxicos ou o estudo de instrumentos musicais. A radiografía usouse para analizar obras de arte. Grazas a que os óleos e outras pinturas teñen algúns pigmentos metálicos, é posible descubrir, con raios X, os trazos sobre os que se debuxou unha obra. Así, os raios X poden revelar os procesos creativos polos que pasa o artista para chegar á súa obra final.



Dous disciplinas tan diferentes como a arte e a radioloxía converxen en varios exemplos do modernismo, como o demostrou Robert Rauschenberg co seu Booster, de 1967.En1985Andy Warhol debuxou un cráneo, nunha obra que recorda a transparencia dos raios XPhilip's Skull (CAT Scan). O recurso da transparencia dos ósos para simular radiografías tamén é usado por artistas como Ted Meyer (Structural Abnormalities, 1992) e Sheila Pinkel (Instinct Extinct?ca. 1970). Na arte actual tamén hai alusións directas á radioloxía, como na homenaxe de David Teplica a Miguel Anxo Buonarroti (Birth of Man with Homage to Michelangelo, 1987).

As imaxes diagnósticas poden ser manipuladas para mostralas como obras de arte. Ao engadir  cor e manipular as súas formas, a información médica adquire certo matiz artístico, como o mostra William Ewing no seu libro Inside InformationImaging the Human Body (1996)

(...)

Dixen algunha vez que os radiólogos somos voyeuristas de oficio. Vemos a través de e máis  alá, e o noso principal obxecto de estudo é o corpo, cuxo interior somos capaces de ver con diferentes técnicas. É así como se nos revela o corpo humano, nunha confluencia de anatomía, arte e radioloxía.
    
 Aníbal J. Morillo, MD. O corpo humano revelado: anatomía arte e radioloxía