Amosando publicacións coa etiqueta técnicas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta técnicas. Amosar todas as publicacións

venres, 15 de marzo de 2019

Serigrafía aplicada ás técnicas de esmaltado ao lume

Serigrafía aplicada ás técnicas de esmaltado ao lume  foi o monográfico das especialidades de Ourivaría e Serigrafía impartido principalmente pola mestra Sandra de Jesús. Foi un monográfico moi intenso, sobretodo para Sandra para a cal non teño máis que palabras de agradecemento e admiración total pola súa labor e profesionalidade. 

Velaquí algunhas pezas co resutado deste grupo, graciñas a todos (Leti, Clara, Andrea, Lourdes, María José, Sabela, Ana, Julia, Pilar, Geni, Coke, David, Esther e Marisa).

Podedes ver todo o proceso no blog de ourivaría da Emao. 

 Os obxetivos de este curso comprendían o deseño e elaboración de pezas de cobre para construir un colar ou un broche, o cobre serviríanos de base para despois cubrir con esmalte. 












luns, 2 de xullo de 2018

Escola de Verán EMAO Vigo 2018

CURSOS CONVOCADOS 9 ao 20 de xullo Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo [preinscrición ata o 3 de xullo]
 Información :  https://bibliotecadaemao.blogspot.com/2018/06/escola-de-veran-emao-vigo-2018.html

 
Aula de Serigrafía artística : “INSOLADO E ESTAMPACIÓN CON LUZ E TINTES NATURAIS”

 
Impartido por Alba Pardo, mestra da EMAO da especialidade de Serigrafía artística
Destinatarios: Alumnado que cursara na EMAO a especialidade de Serigrafía artística e que non estean matriculadas na EMAO no curso 2017-18
Datas: do 9 ao 20 de xullo, de 10 a 13 horas
Duración: 30 horas
Programa:
Obxectivo: Xogaremos coa luz natural para facer o proceso serigráfico do insolado de pantallas así como para facer a antiga técnica fotográfica da cianotipia, tamén aprenderemos a obter tintes naturais para aplicalos á estampación serigráfica.   

Contido
Presentación histórica da cianotipia
Técnica da cianotipia
O proceso serigráfico
Insolado serigráfico con luz natural
Plantas tintóreas e elaboración de tintes naturais
Impresión serigráfica con tintes naturais
Material a aportar polo alumnado:
Acetatos, materiais opacadores, papeis, cinta adhesiva, pinceis


xoves, 13 de xullo de 2017

Charla coa Deseñadora de estampados Natalia Moreno

Emma G.Pintos(Moda), Natalia Moreno e Alba Pardo (Serigrafía)


 Onte comezou o monográfico de Estampación e Confección téxtil. Tivemos a sorte de contar coa colaboración de Natalia Moreno que deu unha charla amena e moi didáctica cargada de experiencia e anécdotas sobre o seu oficio como deseñadora de estampados. Graciñas Natalia!







martes, 20 de xuño de 2017

CURSOS DE VERÁN NA EMAO. ESTAMPACIÓN E CONFECCIÓN TÉXTIL

*Aulas de Moda e Confección e de Serigrafía artística: “ESTAMPACIÓN E CONFECCIÓN TÉXTIL”
Impartido por Emma Pintos e Alba Pardo, mestras das especialidades na EMAO
Destinatarios: Persoas con coñecementos demostrables das especialidades. Terán prioridade os/as ex-alumnos/as de Moda e Confección ou de Serigrafía Artística da EMAO.
Datas: do 12 ao 21 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas
Inscrición: ata o 30 de xuño
Duración: 30 horas
Número de prazas: 15
Programa:
Presentación:
Curso de interdisciplinaridade entre os obradoiros de Serigrafía Artística e Moda e Confección, no que se explora a posibilidade de confeccionar prendas con tecidos estampados artesanalmente. Na primeira sesión farase unha presentación do curso por parte das mestras dos obradoiros e haberá unha charla introductoria de Natalia Moreno, deseñadora de estampados textís.

Contido:
Serigrafia (14 horas no obradoiro)
Preparación da pantalla serifráfica.
Emulsionado, insolado, revelado e secado.
Estampación sobre tecido.
Moda (16 horas no obradoiro)
Adaptación de padróns base.
Corte de tecidos.
Montaxe de prendas básicas.
Remate e acabados das prendas.

Material a aportar polo alumnado:
1 libreta cuadriculada A4
1 Lapiz 2B
Rotulador negro de punta fina
Cuter
Cinta de embalaxe
Cinta de carrocero
Regla de 50cm
Cinta métrica
Agullas e alfinetes
Dedal
Tesoira para tea
Xiz para tea (non branco)
O resto do material, ferramenta e maquinaria que se é o caso fose necesaria, será aportado pola EMAO.

Podedes atopar máis información dos monográficos doutras especialidades no blog da biblioteca .

martes, 1 de decembro de 2015

O Racinet

Interesante exemplo de cromolitografía na nosa biblioteca ....
Cromolitografía
(De cromo e litografía).
 Según a Real Academia Española
1. f. Arte de litografiar con varias cores que se obteñen por impresións sucesivas.
2. f. Estampa obtida por medio de esta arte.

Le costume historique de Auguste Racinet
Publicado por primeira vez en Francia entre 1876 e 1888, Le costume historique de Auguste Racinet foi o máis extenso e incisivo estudo do vestir que xamais se fixera. Trátase dunha obra colosal, publicada en seis volumes e ilustrada con case 500 gravados, na que se analiza a historia da ropa, dos modos de vestir e o estilo en todo o mundo, dende a antigüedade ata finais do século XIX, e que aínda hoxe é un texto único pola súa extensión e detalle.
Aínda cando o estudo do Racinet engloba o conxunto do planeta, dende a antigüedade ata os seus días, a obra céntrase no vestir europeo dende a Idade Media ata a década de 1880, tema que aborda cunha paixón e unha atención polo detalle extraordinarias.

Na biblioteca da Emao consérvanse tres tomos : v. 1 de Texto, v. 4 e v. 5 e tamén a recente edición de Taschen do ano 2012.

O tomo I inclúe todos os gravados da obra de Racinet, reproducidos cunha calidade excelente que pon de manifesto a paixón polo detalle e o colorido do orixinal. O tomo II recolle os textos que acompañaban ás imaxes con descripcións e explicacións, así como o prefacio de Françoise Tétart-Vittu.
Estuche con 2 vols., 24 x 31,6 cm, 792 páxinas
ISBN 978-3-8365-3107-8
Edición plurilingüe : alemán, francés, inglés

Estas son algunhas fotos que sacamos na biblioteca :

xoves, 12 de novembro de 2015

xoves, 5 de novembro de 2015

Serigrafía sobre sobre soporte cilíndrico

As Dúas " Des " da clase do curso Superior , Dani e David- David e Dani facendo das súas e probando un sistema  "supermoderno e sofisticado " de facer serigrafía sobre soporte cilíndrico made in feito na casa ...