Amosando publicacións coa etiqueta Concursos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Concursos. Amosar todas as publicacións

luns, 29 de decembro de 2014

Concurso SABER & SABOR

.
 ss-capas2

Concurso Edición de obra serigráfica en 2 formatos: papel e consumible.

É un proxecto de Do Paraná, Espazo Serigráfico. Un concurso que premiará aos orixinais seleccionados, con edición de obra en papel e xornada de estampación en vivo de filloas con chocolate, aberta ao público.

Destinado a*s interesad*s no ámbito da edición de arte, ilustración, deseño… que presenten orixinais editables a través da técnica serigráfica.
Poderase participar en calquera das dúas categorías (Saber e Sabor) ou en ambas.
O premio outorgarase a 1 participante por categoría. O xurado estará constituído por recoñecidos profesionais nos seus ámbitos de actuación.

Se institúe co propósito de valorar e expandir a técnica serigráfica como medio de creación, experimentación e edición. Pretende desacralizar o feito artístico pluralizando e democratizando o acceso ás técnicas. Ambiciona establecer relacións colaborativas entre produtores e potenciais coleccionistas privados, empresas e institucións.

PREMIOS

SABER: Edición en papel, a dúas tintas.
A edición, que estará a cargo de Do Paraná, promotora do evento, será de 50 exemplares e 5 P/A, numeradas e asinadas por o/a ganador/a en acto público. 45 exemplares entregaranse ao autor/a. Os dez restantes destinaranse: dous ao Taller Do Paraná, con destino aos fondos da súa colección, un
para cada membro do xurado, e os restantes para sortear entre os asistentes á entrega de premios.

5 Accésits para aqueles traballos que non sexan premiados e que o xurado considere de calidade, consistentes en catálogo virtual, para visibilizar entre patrocinadores da edición física, (Crowdfunding ou prácticas tradicionais de venda). A fórmula máis
xusta de colaboración entre creade@r e produción será consensuada.

SABOR: Edición do orixinal escolleito en formato obra efémera. Se estampará en directo, sobre crêpe ou filloa e en lugar de tinta usarase chocolate. Ofrecerase unha degustación mentres se asina a obra ganadora en papel.

COMO PARTICIPAR
Consultando as Bases de Participación en www.doparana.com. Enviando a documentación. Compartindo evento nas redes sociais. Clicando 1 'gústame' en https://www.facebook.com/doparana.serigrafia

Admisión de orixinais: ata o 26/1/2015*
(*) Notificación a*s ganador*s mediante correo electrónico o martes 3 de febreiro de 2015.
Entrega de premios: venres 13/2/2015, en DO PARANÁ, Espazo Serigráfico

venres, 4 de abril de 2014

Gañadores do Concurso de Carteis Anunciadores de Pedaliña 2014

Onte, ás 11: 30 h, no Espazo Emao, tivo lugar o anuncio público dos carteis seleccionados para a divulgación do programa do evento Pedaliña 2014. Aquí tedes algunhas imaxes do evento, do cartel premiado e dos dous finalistas. O primeiro premio o levou Debuxo Iniciación B,  e os dous accésits previstos nas Bases foron para Debuxo Perfeccionamento II A e para o alumno de Serigrafía 1Douglas Omar Franco Ixcot. Parabéns a todos!. Agora no obradoiro de serigrafía tócanos poñernos en marcha para facer as edicións serigráficas dos traballos premiados. Imos aló!


Cartel premiado, Alumnos Debuxo Iniciación B
Accésits: Douglas Franco e grupo de Debuxo Perfeccionamento II A
 
 
 



mércores, 26 de marzo de 2014

Bicicreando

Mañá xoves 27 ás 13:00 horas remata o prazo de entrega para o concurso de cartel A pedaliña 2014 dirixido ao alumnado da EMAO . Recordamos que as bases as podedes consutar neste enlace: http://serigrafiaemao.blogspot.com.es/2014/03/concurso-de-carteis-pedalina-2014.html
Animádevos, aínda estades a tempo! . Para inspirarvos, na paxina de 100copies podedes ver estampas de edición limitada de 100 copias relacionadas co mundo da bicicleta, estes son algúns exemplos:

The Cyclists Empire: A New Print of the Empire State Building Made from Bicycle Tracks tires posters and prints New York bicycles architecture
The cyclist´s empire. O Empire State Bulding  feito coa pegada de roda de bicicleta
Image of 21 - The Cyclist's Empire

 Image of 21 - The Cyclist's Empire
 Image of 21 - The Cyclist's Empire
Image of 16 - Together We Ride
Image of 18AP - Pedal On, TaclobanImage of 11 - CityscapeImage of 14 - Cycle<em>graphy</em>Image of 02 - RecycleImage of 09T - RidentityImage of 17 - NEVER TOO OLD

100copies

xoves, 16 de maio de 2013

Concurso Internacional de Gravado Contemporáneo, Fig Bilbao 2013


Segundo Premio Internacional de Gravado Contemporáneo dentro de FIG Bilbao 2013, no que poden participar todos os artistas sen límite de idade e nacionalidade. O obxectivo do premio é dar un gran impulso ao gravado contemporáneo nas súas diversas formas e dar actualidade á tradición das Artes de gravado.
Seleccionarase a vinte participantes, cuxas obras serán expostas dentro do festival. Centrarase en obras de gran formato e realizados con técnicas mixtas de gravado.

mércores, 17 de abril de 2013

VIII Premio Internacional de Arte Gráfico “Jesús Núñez" 2013



Convócase o  VIII Premio Internacional de Arte Gráfico " Jesús Núñez " 2013. O prazo de envío das obras é do 1 ao 29 de juño de 2013.
 Fundación CIEC, Centro Internacional da Estampa Contemporánea, Rúa do Castro 2, 15300 Betanzos, A Coruña, España. Podedes consultar as bases na web do CIEC.