Amosando publicacións coa etiqueta Feiras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Feiras. Amosar todas as publicacións

venres, 25 de setembro de 2015

Estampa

23ª edición de Estampa, feira de arte contemporánea de Madrid.
 Estampa presenta en 2015 un programa centrado no coleccionismo e na arte contemporánea.
 O Programa Xeral, composto por case 70 galerías de traxectoria  internacional e nacional, compleméntase con dúas novas seccións comisariadas: IBERIA, de galerías e artistas portugueses e MAPA, con artistas españois ou afincados en España que traballan pintura contemporánea. Ademais Perú convértese no país convidado desta edición, cun programa que mostra unha selección dos prácticas contemporáneas realizadas polos artistas peruanos na actualidade vinculadas ao debuxo. O Programa de Coleccionistas, os foros, debates e  as actividades paralelas conforman un completo programa para gozar de catro días de arte contemporánea en Madrid.
INFORMACIÓN XERAL
DATA: do 24 ao 27 de setembro de 2015
LUGAR CELEBRACION: Matadero Madrid. Nave 16  Praza de Legazpi, 8
HORARIO: de 12:00h a 20:00h

Hai que destacar que este ano na feira de Estampa , hai dous proxectos vigueses : "Estepas" de lab_in e o libro do grupo de investigación dx5 da Facultade de Belas Artes de Vigo


venres, 16 de maio de 2014

O Mercado da Arte

O mercado de O Calvario cambiará o 17 de maio o pescado e as verduras por fotografías, pintura, cerámica e esculturas. O mercado da arte convertirá os bancais das peixeiras en expositores para que os artistas locais amosen e vendan as súas obras. 
Para reservar espacio o solicitar máis información podedes escribir a notodeelpescadoestavendido@gmail.com.


domingo, 13 de outubro de 2013

Video Estampa 2013



Coleccionistas, afeccionados e profesionais da arte contemporánea danse cita un ano máis nun dos encontros dedicados á arte múltiple e emerxente máis potente.
ESTAMPA conxuga o interese polo mercado coa reflexión e o intercambio de ideas. Este video é un paseo pola Feira que invita a gozar da arte contemporánea.
http://www.hoyesarte.com/exposiciones-artes-visuales/asi-es-estampa-2013_135707/

venres, 11 de outubro de 2013