xoves, 29 de novembro de 2012

Visita á exposición Deseño de Sistemas. Escola de Ulm na Fundación Barrié


Esta exposición mostra unha visión panorámica do traballo da escola alemana de Ulm na configuración do deseño e na formación de deseñadores. Tras unha visita guiada pola exposición, fixemos un obradoiro específico de artes gráficas baseado nos pictogramas de Otl Aicher.
Na nosa vida cotiá , cada vez que collemos un avión, imos ao médico etc estamos a utilizar o sistema de pictogramas de Otl Aicher, aquí se amosan algúns, seguro que che son familiares!.


Na Alemania dos anos 50 do século XX, nun ambiente de forte reestructuración económica e  financeira, a Escola de Ulm (Hochschule für Gestaltung Ulm) contou, no seu elenco de profesores, con figuras da talla de Otl Aicher, Josef Alberts, Johannes Itten, Tomás Maldonado ou Josef Müller Brockmann e traballou para incorporar o deseño ao mundo da industria e conformar a nosa cultura material. Este proceso non foi impulsado pola bonanza económica senón, moi ao contrario, por unha profunda crise de valores e recursos. Aproveitouse o momento para repensar que significa crear formas no mundo actual, así como para democratizar o acceso ao deseño. Foi pionera na renovación do deseño na electrónica, a comunicación e a imaxe corporativa, así como na construción industrializada.

Otl Aicher, escultor, deseñador e tipógrafo alemán, xunto con Inge Aicher-Scholl e Max Bill crearon a escola de deseño de Ulm, que se convertería nun dos centros de educación en deseño líderes en Alemania entre os anos 1953 e 1968, e que a diferenza da Escola da Bauhaus descartou a arte e a exaltación da forma por si mesma das súas aulas, e consagrouse á función e á inserción do deseño como factor fundamental no mundo industrial.

Entre as súas creacións cóntanse as imaxes corporativas de Braun, Lufthansa, ERCO e dos Xogos Olímpicos de Múnich. É autor de Sistemas de signos na comunicación visual e de Analógico e digital.
Dentro da tipografía, súa é a familia Rotis, onde se combinan varias familias sans-serif, con serif, e semi-serif. Outra tipografía creado por el é a Traffic, utilizado no aeroporto de Múnich, e no transporte público de devandita cidade.











Ningún comentario:

Publicar un comentario