Imaxes da inauguración da exposición Branco e Negro no espazo EMAO. Podedes ver máis imaxes da inauguración no blog da biblioteca e o proceso de creación da instalación Anatomía Mutante dos alumnos de serigrafía 2 nos seguintes post :
http://serigrafiaemao.blogspot.com.es/2013/07/poceso-exposicion-branco-e-negro.html
http://serigrafiaemao.blogspot.com.es/2013/07/blog-post.html
http://serigrafiaemao.blogspot.com.es/2013/07/proceso-de-anatomia-mutante.html
Algunhas imaxes do proceso da montaxe ... :
Onde? No Espazo EMAO -Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios (entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Cando? 18 de xullo ao 3 de outubro de 2013 (agosto pechado)
Horario: luns a venres de 19:00 a 21:00 horas.

Non se trata dunha mera exposición fin de curso, senón dun proxecto común inserido no mundo da arte e a artesanía contemporánea,
concebido e deseñado baixo criterios da maior profesionalidade. Os
proxectos que agora se expoñen son abordados dende diferentes
perspectivas, mais conservan rasgos estilísticos e conceptuais. Aínda
que o tema central é Branco e Negro, este remítese a un dualismo
relacionable con outros conceptos en principio enfrontados entre sí,
como: baleiro-cheo; luz-escuridade e ruído/son-silencio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario