Recordamos que está aberto o prazo para preinscribirse no curso 2013-14. A preinscripción pódese facer online (do 17de xuño ao 6 de setembro) e tamén presencial (do 17 de xuño ao 31 xullo e do 2 ao 6 de setembro) no edificio principal da EMAO, rúa García Barbón, 5, en horario de 10 h. a 14 h., laborables de luns a venres (agosto, pechado).
Para ver os horarios e cubrir o formulario online de preinscripción o podedes facer na páxina de EMMA (Escolas Municipais de Música e Artes do Concello de Vigo).
- [Documento PDF] Convocatoria xeral para o curso 2013-2014
- [Documento PDF] Horarios para o curso 2013-2014
- [Documento PDF] Formulario para preinscrición presencial do curso 2013-2014
- Se desexa facer a preinscrición online, cubra os datos do formulario . Por favor, lea as instrucións antes de cubrir o formulario.
- Para o ingreso nas seguintes especialidades os/as participantes deberán superar unha proba de acceso: Cerámica, Encadernación, Serigrafía, CAIM Gaita, Zanfona e Lutería Antiga
- Para facer a preinscición en serigrafía podedes elexir entre SERIGRAFÍA I ( ciclo dous anos, horario de tarde con materias complementarias) ou SERIGRAFÍA INICIACIÓN ( ciclo de tres anos, horario de mañá, sen materias complementarias ).
SERIGRAFÍA ARTÍSTICA
Especialidade: 345 horas/ano, dous anos 690 (máis 30h de complementarias I e 30h de complementarias II, total
750 horas)
Materias complementarias:
Serigrafía I: Historia da serigrafía, Debuxo técnico e Imaxe dixital I ( horario de tarde. Dous anos)
Serigrafía II: Imaxe dixital II
Iniciación e Perfeccionamento : horario de mañá . Carga lectiva de 144 horas/ano (tres anos, 432h) e non teñen complementarias
Mestra-Titora: Alba Pardo Cartelle
Ningún comentario:
Publicar un comentario