luns, 7 de outubro de 2013

Litografías de David Lynch

 Coñecemos a David Lynch sobretodo por facer películas, música, fotos... pero outra das súas facetas é a de grabador. En realidade, esta faceta máis descoñecida é a súa primeira cara. «Lynch empezou primeiro a debuxar, despois fotografou e logo chegou a dar movemento ás súas teas co cine», recordou Antonella Montinaro, comisaria da exposición 'Action Reaction, o universo creativo de David Lynch'. http://unomagazine.wordpress.com/2010/06/18/david-lynch-litografias/

" Ao longo da súa carreira o director e realizador, nunca deixou de pintar, debuxar e fotografar. As súas exploracións artísticas leváronlle, incluso , á composición musical e a creación sonora.
O realizador e director descubriu a súa paixón pola litografía no obradoiro de impresión Item, en París, traballando nas mesmas prensas nas que Picasso ou Matisse traballaron no seu día. (...) para él " o negro ten profundidade. A cor é demasiado real, impídeche soñar. Por iso, canta máis cantidade de negro haxa nunha cor, máis onírico vólvese."
Revista Grabado y Edición.

Se queredes consultar o catálogo de Item editions coas obras de David Lynch  deíxovos aquí a dirección: http://www.itemeditions.com/catalogue/lynch/index.html 




Imáxenes da revista Gravado y Edición nª 38
Convén salientar que David Lynch  ofrecerá unha conferencia no Auditorio 400 do Museo Reina Sofía de Madrid o vindeiro martes 15 de outubro ás 20 h. sobre Meditación, Conciencia e Creatividade 
 A Escola Universitaria de Artes e Espectáculos TAI celebra a única clase maxistral do director na súa primeira visita a España : http://www.notodo.com/v4/mailcultura/boletines/mailcultura_676.html

E para rematar deixamos aquí un curioso e interesante corto documental de 8 minutos sobre litografía feito por David Lynch en Idem Paris fine art printshop no 2012, que o disfrutedes! :
 Master printers:
Christian Charpin
Khindelvert Em
Patrick Pramil
Phaythoune Soukaloun

Edited by Noriko Miyakawa
Mixed by Dean Hurley
Copyright David Lynch 2012

Ningún comentario:

Publicar un comentario