mércores, 9 de outubro de 2013

Serigrafiar tostadas con Nutella

Aquí deixo outra CSI ( Cousa Serigráfica Interesante ) adicada aos alumnos de Serigrafía1 que se traen os bocatas de nocilla ao obradoiro para recargar enerxías e traballar duramente .
As fotos as saquei do seguinte enlace: Printing your daily bread
Andy MacDougall ao ver este post no blog, enviounos o enlace de cómo comezou a historia destas fotos, das  clases de serigrafía en Suiza de Guido Lengwiler : http://www.nxtbook.com/nxtbooks/STMG/sp_20130203/#/32,  
Graciñas Andy!
Os ingredientes :  en vez de papel poñemos pan de molde, en vez de tinta viscosa poñemos Nutella, é obvio que a trama da malla da pantalla ten que ser moi aberta.
Pasamos a rasqueta e... voilá!

Listo para comer!
 
Isto me recorda á obra bocadillera dun deseñador gráfico estadounidense que sae nunha reportaxe do blog El Comidista. Trátase de David Laferriere , que ilustra ás bolsas dos sandwiches dos seus fillos diariamente :  http://blogs.elpais.com/el-comidista/2013/05/el-hombre-que-pinta-las-bolsas-del-sandwich-de-sus-hijos.html
O seu Flick : http://www.flickr.com/photos/dlaferriere/


Bo xantar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario