Autora
: Iria Vázquez Costas
Título
: Menuda Stampa
Técnica
: Serigrafía sobre papel e téxtil
Medidas
: variables
Presentación do proxecto |
Imaxes do proceso :
"...e tal era o número de cuagas e ata tal punto chegaron
estas carnizarías, que se deu orde aos cazadores de recuperar as balas,
extraéndoas do corpo dos animais
mortos, ante o temor de que se esgotasen as municións"
Edwars ,1758.
Formaban
mandas na zona sueste da actual Sudáfrica. O 12 de agosto de 1883 morreu o
último quagga que vivía en catividade no zoo de Ámsterdam, extinguíndose
defnitivamente a subespecie. Deste xeito, nun espazo relativamente curto de
tempo, a ignorancia e a cobiza humana rematou cunha raza animal
en franca prosperidade e perfectamente adaptada ao seu biótopo.
Thylacinus cynocephalus
Lobo
de Tasmania ou tilacín vivía nos bosques de Australia e Nova Guinea. Os humans
empezaron a ocupar o terreo con gando e animais domésticos, o lobo atacaba
creándolle moitas perdidas. O goberno púxolle recompensa por cada exemplar
morto: unha libra por un adulto, e 10 xilíns por cada cría.
Foi
declarado extinguido en 1986 pero o último que morreu en1936 estaba en
catividade nun zoolóxico de Tasmania.
Panthera leo melanochaitus
Subespecie
de león que vivía nas chairas herbáceas do Karoo, ao sueste de Sudáfrica. Os
machos tiñan unha densa melena negra que se prolongaba polo ventre.
Os
responsables do seu exterminio foron os ingleses que comezaron a cazalo
indiscriminadamente por deporte e en represalia aos seus ataques ao gando, ata exterminalo
a mediados da década de 1860. O último león da provincia del cabo foi abatido
en 1858 extinguíndose definitivamente a subespecie.
Anodorhynchus glaucus
Especie
de ave sudamericana da familia dos loros (Psittacidae) probablemente extinta.
Era residente do nordés de Arxentina, o sur de Paraguai, o noroeste do Uruguai
e o sur de Brasil. Promoveu a súa extinción a sobredestrucción da palma yatay
(palmeira), cuxos froitos eran o seu alimento insubstituíble.
A
última vista por residentes da rexión foi en 1932.
Eleutherodactylus jasperi
O
coquí dourado que só vive (ou viviu) na Serra de Cayey, en Puerto Rico, nunha
área semicircular de 6 millas de raio.
Actualmente
non se coñece a súa poboación, cuxo nivel pode ser crítico. As áreas onde o
coquí dourado foi descuberto, foron desforestar e desenvolvidas.
Aínda
que esta especie non foi escoitada, nin observada durante os últimos anos, a
pesar de ser buscada, se pode concluír que está extinta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario