luns, 10 de novembro de 2014

Metamorfose


Traballo do alumnado de Proxectos 2014

Autor/a do proxecto : FLORA VILLAR FERREIRO
Denominación do proxecto : METAMORFOSE
 Coa temática de radioloxía e arte, Flora realizou serigrafías da imaxe humana en estudo a través de imaxes radiográficas máis aló do que sería un diagnóstico médico.

Presentación do dossier da solicitude de selección para Proxectos 2014
Algunhas imaxes do proceso :



Título : Metamorfose ( corpos e almas )
Estudio : Enema Opaco
Técnica : serigrafía 5 tintas
Medidas: 34,5 x 40 cm
Enema opaco : é un método de diagnóstico que permite visualizar o interior da ampoia rectal , sigma, colon descendente etc. Mediante un enema dun medio de contraste radiopaco ( xeralmente sulfato de bario ). A continuación realízase unha radiografía da zona, na que, por estar enchida a luz polo contraste , resalta a estructura da parede interna ou revestimento mucoso colon.
Título : Metamorfose ( corpos e almas )
Estudio : radiografía simple de cráneo
Técnica : serigrafía 5 tintas
Medidas: 34,5 x 40 cm
Permite obter unha imaxe da estructura ósea que rodea ao cerbro, inclúe os ósos faciais, da nariz e dos senos paranasais. Obtense mediante raios X tipo de emisión electromagnética.
Título : Metamorfose ( corpos e almas )
Estudio : Colangiografía transmhepática percutánea .
Técnica : serigrafía 5 tintas
Medidas: 34,5 x 40 cm
É a radiografía das vías biliares, os conductos que transportan a bilis dende o fígado ate a vesícula biliar e o intestino delgado. mediante o uso dun medio de contraste radiopaco e radiación ionizante ( raios X ).

Título : Metamorfose ( corpos e almas )
Estudio : Angiografía cerebral
Técnica : serigrafía 4 tintas
Medidas: 34,5 x 39 cm
É un exame de diagnose por imaxe, utiliza no seu procedimento un tinte especial ( material de contraste ) que contén iodo e raios X para ver cómo flúe o sangue a través dos vasos sanguíneos no cerebro.
Negatoscopio


Ningún comentario:

Publicar un comentario