Convocatoria en: https://bibliotecadaemao.blogspot.com/2018/10/convocatoria-de-cursos-monograficos-na.html?m=1
Dentro da programación prevista no Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios (PEMAO15), faise a Convocatoria dos seguintes cursos monográficos abertos ás persoas interesadas que non estean matriculadas no curso 2018-19 na EMAO e que cumpran os requisitos indicados en cada un dos cursos.
Aulas de SERIGRAFÍA ARTÍSTICA E OURIVARÍA: “Serigrafía aplicada ás técnicas de esmaltado ao lume”
Impartido por Alba Pardo e Sandra de Jesús, mestras de Serigrafía artística e Ourivaría respectivamente
Destinatarios: Aberto a persoas sen coñecemento previo sobre ás técnicas destas especialidades e que non estean matriculadas na EMAO no curso 2018-19
Datas: Do 22 de outubro ao 21 de novembro de 2018. Luns e mércores de 10,00h as 13, 00h
Duración: 30 horas
Obxectivos: O obxectivo deste curso é dotar ao alumnado dos coñecementos básicos da serigrafía e aplicalos de maneira práctica e específica na técnica do esmalte ao lume de ourivaría. A práctica constará crear pezas de cobre que serviran para colares ou broches, serán esmaltadas con cores base para despois aplicar e transferir os debuxos por medio dos procedementos serigráficos aplicando esmaltes vitrificables que serán cocido posteriormente. O alumno acabará o curso cos coñecementos básicos destas técnicas en concreto e con unha peza rematada, colar ou broche.
- Deseñar a peza ou pezas de cobre que compoñen o colar ou o broche, estas pezas serán esmaltadas unha primeira vez con esmaltes de base e unha segunda vez cos debuxos serigrafiados baixo a temática da Fauna e da Flora mariña.
- Aprender a traballar e aplicar as técnicas e procedementos básicos da Serigrafía e da Ourivaría.
- Crear unha peza rematada (broche ou colar) coas técnicas descritas e con debuxos que sacados do libro de Ramón de la Sagra (1855), La isla de cuba, Tomo VIII atlas de zoología, París ,que se pode consultar na Hemeroteca da EMAO.
- Desenvolvemento do deseño dos distintos elementos que forman a peza final, integración e combinación das cores.
- Adecuación dos elementos a temática e a funcionalidade.
Ourivaría (metodoloxía teórico-practica)
- Materiais e ferramentas a empregar
- Técnicas de corte
- Técnicas de conformado
- Limar e esmerilado
- Técnicas de esmaltado
- Articulacións e peches
- Acabados e montaxe
- Materiais e ferramentas a empregar
- Preparación de pantaias e fotolitos
- Emulsionado, insolado e revelado
- Estampación
- Limpeza de pantaias serigráficas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario