Serigrafía aplicada ás técnicas de esmaltado ao lume
Serigrafía aplicada ás técnicas de esmaltado ao lume foi o monográfico das especialidades de Ourivaría e Serigrafía impartido principalmente pola mestra Sandra de Jesús. Foi un monográfico moi intenso, sobretodo para Sandra
para a cal non teño máis que palabras de agradecemento e admiración total pola súa labor e profesionalidade.
Velaquí algunhas pezas co resutado deste grupo, graciñas a todos (Leti,
Clara, Andrea, Lourdes, María José, Sabela, Ana, Julia, Pilar, Geni,
Coke, David, Esther e Marisa).
Podedes ver todo o proceso no blog de ourivaría da Emao.
Os obxetivos de este curso comprendían o deseño e elaboración de pezas
de cobre para construir un colar ou un broche, o cobre serviríanos de
base para despois cubrir con esmalte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario