Horario: laborables de 19:00 a 21:00 horas
Lugar: Espazo EMAO (entradas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
O FEO
Cerámica Artística. " Cara vista " :
Debuxo. " Máster grotesco chef " :
Luthería Antiga. " Viola de gamba baixo ":
Moda e Confección. " Os anacos do meu vestido " :
Pintura : " O museo das vanidades " :
Encaixe de Palillos . " kk deluxe" ( partyfly )
Talla e escultura en madeira . " Xogando a ser Deus " ( falta imaxe da proxección )
Artesanía do Coiro . " As dúas caras da fealdade " :
Son feo… pero podo comprar a muller máis bela. Polo tanto, non
son feo, porque o efecto da fealdade, a súa forza afuxentadora,
queda anulado polo diñeiro. Segundo a miña individualidade son
tolleito, pero o diñeiro procúrame 24 pernas: logo, non son
tolleito... Acaso non transforma o meu diñeiro todas as carencias no
seu contrario?. Umberto Eco. Historia de la fealdad
A estética é a parte do pensamento filosófico que ten por estudo a
esencia e a percepción da beleza, entendendo como beleza, a armonía,
a proporción, o agradable de ser visto, o que alimenta o espírito,
en definitiva o que segue as normas establecidas. Todo isto non son
máis que percepcións subxectivas e morais do belo, que veñen
determinadas polo contexto en que se mostran. Polo tanto, podemos
definir o feo como o antagónico do belo, pero se imos máis alá ás
veces "o feo" agrádanos e comprácenos; é entón
cando se xera o conflito e descubrimos unha nova estética, a
estética do feo.
Nietzsche, en "O crepúsculo dos ídolos" fálanos da
diferenza entre o belo e o feo:
No belo o home oponse a si mesmo como medida da
perfección... O feo enténdese como sinal e síntoma de
dexeneración.... A quen odia aquí o home? Non hai dúbida: odia a
decadencia do seu tipo.
O amoral, o grotesco, o sinistro, o banal son conceptos traballados
pola Arte ao longo da Historia, representando así todo aquilo
contrario á mensaxe do cristianismo; así, demos, monstros, e demais
personaxes do submundo nutriron a imaxinación de artistas como El
Bosco. Saturno devorando os seus fillos ou as pinturas negras de Goya
abren paso ás vangardas artísticas, desde o expresionismo ao
cubismo; o kitsch como enxalzamento do pobre, o masivo, é un
expoñente da posmodernidade.
Nesta exposición propoñemos un percorrido pola fealdade, desde o
kitsch ata o feísmo galego, pasando polo grotesco e o
obsceno; polo tanto, Pasen, vexan e xulguen que é o Bello e o Feo.
Algunhas imaxes dos traballos expostos :
Aula de Serigrafía Artística, traballo realizado polo grupo de Serigrafía II. Intervención serigráfica sobre parede. Temática : o feísmo arquitectónico galego .
Máis info e imaxes do proceso : http://serigrafiaemao.blogspot.com.es/2015/06/intervencion-serigrafica-sobre-parede.html
Debuxo. " Máster grotesco chef " :
Luthería Antiga. " Viola de gamba baixo ":
Moda e Confección. " Os anacos do meu vestido " :
Pintura : " O museo das vanidades " :
Encaixe de Palillos . " kk deluxe" ( partyfly )
Talla e escultura en madeira . " Xogando a ser Deus " ( falta imaxe da proxección )
Artesanía do Coiro . " As dúas caras da fealdade " :
Ningún comentario:
Publicar un comentario