mércores, 16 de marzo de 2016

OFICINARARA no CHARENTON


Interesante iniciativa no Charenton, aquí vos paso a info: 

Atención xente do planeta gráfico! este venres o noso espazo vai transformarse no espazo de serigrafía e artes gráficas do impresionante colectivo de Porto A R A R A, aquí podedes ler quenes son:
O F I C I N A A R A R A
———————————-
Fundada en 2010 por un grupo de artistas, deseñadores e un enxeñeiro, é un estudio de artes gráficas equipado para traballar en serigrafia. Está proxectado como un espazo autónomo e aberto de experimentación en torno a produción de cartaces, libros e outras creacións, tentando establecer unha relación directa, contínua e ininterrumpida entre o acto de deseñar e a impresión de copias. Actualmente, forman parte nisto: Miguel Carneiro, Bruno Borges, Dayana Lucas, Pedro Nora, Luís Silva, Daniela Duarte e João Alves. http://www.oficina-arara.org/
* estas fotos de A R A R A son do salon de la microédition de Rouen







Ningún comentario:

Publicar un comentario