Convocatoria do Nivel Avanzado para o curso 2016-2017.
O alumno/a que remate o nivel superior da especialidade na que estea matriculado/a, coa cualificación de apto/a, poderá acceder ao nivel Avanzado, que consiste no desenvolvemento dun proxecto persoal de fin de estudos directamente relacionado coa especialidade cursada, previamente presentado e seleccionado ao remate do curso académico, unha vez avaliado e calificado como Apto/non apto o proxecto desenvolvido, conforme ao Plan de Estudos da EMAO 2015 (PEMAO2015).

Este nivel ten carácter presencial, en sesións semanais de dúas horas de duración durante a totalidade do curso académico. A asistencia será obrigatoria para os /as seleccionados/as, cun máximo de faltas de asistencia xustificadas do 25% do total do crédito horario.
Á finalización do proxecto, que deberá ser rematado antes do fin do curso académico 2016-2017, o/a docente-titor/a emitirá un informe de valoración no que conste motivadamente se o alumno/a acadou ou non os obxectivos expresos indicados na súa memoria inicial de proxecto.
Prazos
Prazos
- Do 23 de maio ao 13 de xuño de 2016, presentación de proxectos por parte do alumnado.
- Do 14 ao 17 de xuño de 2016, informe dos proxectos por parte do profesorado e presentación da ficha docente normalizada de cada proxecto seleccionado á Comisión citada en 5.2.
- Do 20 ao 29 de xuño de 2016: estudo e selección de proxectos pola Comisión de valoración
- Dia 30 de xuño de 2016: exposición pública (taboleiro e internet) do listado de alumnado e proxectos seleccionados.
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario