venres, 17 de xuño de 2016

Cursos de Verán na EMAO. Vigo 2016 CURSOS MONOGRÁFICOS DE VERÁN. XULLO 2016 ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO


Convócanse os seguintes cursos monográficos que terán lugar nas aulas e talleres da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo no mes de xullo de 2016:

Aula de Debuxo artístico: “Debuxar o corpo espido”

Impartido por Federico Fernández, mestre da especialidade na EMAO

Destinatarios: Ex-alumnos/as da EMAO das especialidades de Pintura e Debuxo.

Programa:

  • A proporción e o encaixado. Toma de medidas
  • Representación da figura a través de unha estructura sinxela. Equilibrio e ritmo na figura humana. Fondo e figura.
  • A mancha o claroscuro a partir de modelo espido: Representación do volumen por contraste do claroscuro, tendo en conta a posición de luces e sombras.
  • Realización de apuntes de movemento. Captación e xestión da información visual.Retentiva. O boceto e o apunte do natural.

Material a aportar polo alumnado: Lápis de carbón, barra de grafito, barras de carbón papeis de debuxo diversos, goma de pan, chinchetas, rotuladores acrílicos de diversos grosores.


Aula de Pintura: “O libro de artista”

Impartido por Paula Mariño, mestra da especialidade na EMAO

Destinatarios: Ex-alumnos/as da EMAO das especialidades de Pintura e Debuxo.

Programa:

Introducción: Qué é un Libro de artista?/ Historia do Libro de Artista/ Como fabricalo?/Traballos recentes

Tipoloxía dos libros intervidos

Prácticas de elaboración do Libro persoal. Traballo en grupo e individual.

Material a aportar polo alumnado: dependendo da elección de libro que faga



Aula de Deseño e encaixe de palillos: “Iniciación ao encaixe ruso”

Impartido por Marian Núñez, mestra da especialidade na EMAO

Destinatarios: Ex-alumnos/as de Encaixe de Palillos na EMAO

Programa:

  • Deseñar os distintos equipos para a correcta execución da cinta.
  • Axustar a escala do deseño.
  • Adecuar o material (liño, seda, algodón) á escala de traballo.
  • Obter distintas cintas para desenvolver nun deseño especifico de encaixe ruso.

Material a aportar polo alumnado: Almofada plana circular /Palillos mallorquins /Diferentes fios /Alfinetes /Ganchillos (e demais utensilios para realizar o traballo)


Taller de Cerámica artística: “A cerámica e o audiovisual”

Impartido por Miguel Vázquez, mestre da especialidade na EMAO

Destinatarios: Aberto, non se necesitan coñecementos previos de cerámica

Programa:

  • Distinguir os distintos xéneros da producción audiovisual sobre cerámica.
  • Elaborar fichas técnicas das distintas propostas audiovisuais.
  • Acostumarse a utilizar o audiovisual como método de coñecemento sobre cerámica

Material a aportar polo alumnado: Non hai material


Taller de Serigrafía artística: “Introducción á serigrafía artística”

Impartido por Alba Pardo, mestra da especialidade na EMAO

Destinatarios: Aberto, non se necesitan coñecementos previos de serigrafía

Programa:

  • Equipo e materiais
  • Preparación de pantallas
  • Limpeza, emulsionado, insolado e secado
  • O rexistro
  • A impresión
  • Cómo montar un pequeno obradoiro serigráfico caseiro

Material a aportar polo alumnado: Rotulador opacador para serigrafía, cinta adhesiva, papel para estampar, acetatos A4.



Talleres de Ourivaría e Artesanía en coiro: “Creación de fornituras e accesorios en Coiro e Metal”

Impartido por Sandra de Jesús e Pepe Pereira, mestres das especialidades na EMAO

Destinatarios: Ex alumnos/as da EMAO das dúas especialidades, ou externos con coñecementos básicos demostrables.

Programa:

  • Introducción os materiais e técnicas a empregar.
  • Segueteado, conformado e acabado de pezas en coiro e metal.
  • Fixación de elementos de suxeición na peza decorativa.
  • Aplicación de complementos decorativos mixtos con técnicas de decoración e estampación.
  • Completar sistemas de peche e suxeición.

Material a aportar polo alumnado: Ferramenta básica de man que poidan aportar segundo a súa especialidade (alicates, seguetas, tesoiras, coitelas, burís…..)


Taller de Encadernación: “Carpetas e caixas contedoras de obra gráfica”

Impartido por Pablo Otero, mestre da especialidade na EMAO

Destinatarios: Aberto

Programa:

  • Diferentes métods de conservación gráfica:

Carpetas (Obra gráfica sen volume: debuxo, acuarela, fotografía, serigrafía)

Caixas para gravados que protexan o volume, o gofrado e o matérico

  • Elementos a elaborar:

Carpetas de tapa dura con solapas, con peto e fol

Caixas con tapa independente, de dobre bandeixa e con boca de peixe

Material a aportar polo alumnado: -Agullas -Dedal -Retal de tea -Tesoiras -Xiz


Taller de Talla e escultura en madeira: “Gravado en relevo madeira -xilografía II”

Impartido por Rosa García, mestra da especialidade na EMAO

Destinatarios: Persoas que teñan coñecementos previos demostrables de gravado en madeira. Terán preferencia as que realizaron o curso na EMAO “Gravado en relevo madeira -Xilografía I”.

Programa:

  • Procesos de creación do gravado en relevo, cunha soa plancha: plancha a fondo perdido.
  • Técnicas aditivas: O collagraph e Carborumdum
  • Técnicas mixtas

Material a aportar polo alumnado: Planchas de linóleo, madeira e papeis de gravado



Taller de Construción de Zanfonas: “Técnica de calado. Corte con segueta de marquetería”

Impartido por Xaime Rivas, mestre da especialidade na EMAO

Destinatarios: Aberto

Programa:

  • Habilidades e competencias necesarias para efectuar corte con segueta de marquetería con calidade. Prácticas con cortes en liña con serra de corte frontal, cortes en curva con serra de corte frontal, cortes con serra de corte redondo.
  • Construcción dun obxeto concreto suxerido polo alumno/a ou polo mestre.

Material a aportar polo alumnadoTaboleiro de marqueteria para as prácticas.Taboleiro con deseño impreso para a construcción do obxeto concreto. Arco de marquetería grande.



Taller de Construción de gaitas: “Iniciación á construción de palletas”

Impartido por Carlos Corral, mestre da especialidade na EMAO

Destinatarios: Antigos alumnos/as de IMPG ou CAIM da EMAO, profesores/as de gaita e gaiteiros/as. (indicarase no correo de inscrición)

Programa:

  • Corte e desbastado de cana
  • Calibrado da cana e preparación segundo tonalidade
  • Confección do tudel
  • Preatado e atado
  • Desvaste das palletas
  • Rematado e afinación
  • Confección de pallóns

Material a aportar polo alumnado: Navalla, calibre (pé de rei)



CONDICIÓNS COMÚNS A TÓDOLOS CURSOS

Duración curso: 30 horas

Datas: laborables do 4 ao 15 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas

Prazas limitadas: 15 por curso, agás Zanfona e Gaita que será de 10

Prazo de solicitude: ata o 28 de xuño de 2016



Inscripción:

Gratuíta. Mediante envío de correo electrónico ao enderezo emao@vigo.org, cos seguintes datos (imprescindibles)

  • Asunto: [nome do curso]
  • Nome e apelidos do/a solicitante:
  • DNI:
  • Anos nos que cursou estudos da especialidade na EMAO: [no caso en que sexa condición telos cursado para acceder ao monográfico seleccionado]

Admisión de solicitudes:

  • Só se admiten persoas maiores de 16 anos.
  • Só serán válidas as solicitudes que cumpran as condicións indicadas nesta convocatoria para cada curso monográfico en concreto
  • A inscrición farase por estricta orde de recepción do correo electrónico de solicitude ata cubrir o máximo de prazas ofertadas.
  • A confirmación da matrícula realizaráa a EMAO exclusivamente por correo electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso, convocarase aos reservas
Enlace: http://bibliotecadaemao.blogspot.com.es/2016/06/cursos-de-veran-na-emao-vigo-2016.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario