luns, 30 de marzo de 2020

Emao en liña

Novo blog de recursos educativos en liña para as especialidades impartidas na EMAO:

https://emaonlinecovid.blogspot.com/

https://bibliotecadaemao.blogspot.com/2020/03/iniciamos-formacion-distancia-emao.html

luns, 16 de marzo de 2020

Sobre este blog

A declaración do estado de alarma e as necesidades de prevención e contención da pandemia do coronavirus, aconsellou ao Concello de Vigo suspender, ata novo aviso, as actividades docentes e non docentes da Escola Municipal de Artes e Oficios.
Profesorado e persoal directivo da Escola conscientes da necesidade de diminuir no posible o impacto sobre o alumnado desta medida, pon en marcha esta iniciativa que servirá tanto para manter un contacto permanente entre docentes e alumnado como para aportar recursos informativos e didácticos de cada unha das especialidades.
Para unha mellor consulta por parte das persoas interesadas, cada artigo do blog irá etiquetado en función da especialidade da que se trate. Facendo clic na etiqueta que interese das que aparecen no marco dereito deste blog, poderase acceder a todos os artigos (textos, imaxes, videos, enlaces...) que o/a profesor/a en concreto vaia publicando.
Poderase tamén facer libremente comentarios a cada artigo, que pregamos que sexan para amosar dúbidas ou aportar información ou ideas complementarias. Estes comentarios serán moderados e se borrarán aqueles que non cumpran cos mínimos de decoro e/ou interese.

As etiquetas son:

Administración
Biblioteca
Encaixe
Moda
Ourivaría
Pintura
Serigrafía
Talla
Xefatura de estudos

¡Moito ánimo, dedicación e sentido cívico!

#EuQuedoNaCasa

Correo-e EMAO emao[arroba]vigo.org


https://www.instagram.com/serigrafiaemao/

venres, 15 de marzo de 2019

Serigrafía aplicada ás técnicas de esmaltado ao lume

Serigrafía aplicada ás técnicas de esmaltado ao lume  foi o monográfico das especialidades de Ourivaría e Serigrafía impartido principalmente pola mestra Sandra de Jesús. Foi un monográfico moi intenso, sobretodo para Sandra para a cal non teño máis que palabras de agradecemento e admiración total pola súa labor e profesionalidade. 

Velaquí algunhas pezas co resutado deste grupo, graciñas a todos (Leti, Clara, Andrea, Lourdes, María José, Sabela, Ana, Julia, Pilar, Geni, Coke, David, Esther e Marisa).

Podedes ver todo o proceso no blog de ourivaría da Emao. 

 Os obxetivos de este curso comprendían o deseño e elaboración de pezas de cobre para construir un colar ou un broche, o cobre serviríanos de base para despois cubrir con esmalte. 












luns, 15 de outubro de 2018

Serigrafía aplicada ás técnicas de esmaltado ao lume

Novo Monográfico na EMAO de técnicas de esmalte e serigrafía aberto a persoas sen coñecementos previos sobre as especialidades. Libre acceso.
Convocatoria en: https://bibliotecadaemao.blogspot.com/2018/10/convocatoria-de-cursos-monograficos-na.html?m=1


Dentro da programación prevista no Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios (PEMAO15), faise a Convocatoria dos seguintes cursos monográficos abertos ás persoas interesadas que non estean matriculadas no curso 2018-19 na EMAO e que cumpran os requisitos indicados en cada un dos cursos.
 Aulas de SERIGRAFÍA ARTÍSTICA E OURIVARÍA: “Serigrafía aplicada ás técnicas de esmaltado ao lume”
Impartido por Alba Pardo e Sandra de Jesús, mestras de Serigrafía artística e Ourivaría respectivamente
Destinatarios: Aberto a persoas sen coñecemento previo sobre ás técnicas destas especialidades e que non estean matriculadas na EMAO no curso 2018-19
Datas: Do 22 de outubro ao 21 de novembro de 2018. Luns e mércores de 10,00h as 13, 00h
Duración: 30 horas
Obxectivos: O obxectivo deste curso é dotar ao alumnado dos coñecementos básicos da serigrafía e aplicalos de maneira práctica e específica na técnica do esmalte ao lume de ourivaría. A práctica constará crear pezas de cobre que serviran para colares ou broches, serán esmaltadas con cores base para despois aplicar e transferir os debuxos por medio dos procedementos serigráficos aplicando esmaltes vitrificables que serán cocido posteriormente. O alumno acabará o curso cos coñecementos básicos destas técnicas en concreto e con unha peza rematada, colar ou broche.

  • Deseñar a peza ou pezas de cobre que compoñen o colar ou o broche, estas pezas serán esmaltadas unha primeira vez con esmaltes de base e unha segunda vez cos debuxos serigrafiados baixo a temática da Fauna e da Flora mariña.
  • Aprender a traballar e aplicar as técnicas e procedementos básicos da Serigrafía e da Ourivaría.
  • Crear unha peza rematada (broche ou colar) coas técnicas descritas e con debuxos que sacados do libro de Ramón de la Sagra (1855), La isla de cuba, Tomo VIII atlas de zoología, París ,que se pode consultar na Hemeroteca da EMAO.
Programa:
  • Desenvolvemento do deseño dos distintos elementos que forman a peza final, integración e combinación das cores.
  • Adecuación dos elementos a temática e a funcionalidade.

Ourivaría (metodoloxía teórico-practica)
  • Materiais e ferramentas a empregar
  • Técnicas de corte
  • Técnicas de conformado
  • Limar e esmerilado
  • Técnicas de esmaltado
  • Articulacións e peches
  • Acabados e montaxe
Serigrafía (metodoloxía teórico práctica)
  • Materiais e ferramentas a empregar
  • Preparación de pantaias e fotolitos
  • Emulsionado, insolado e revelado
  • Estampación
  • Limpeza de pantaias serigráficas.
Material a aportar polo alumnado: comprará en grupo certos consumibles de baixo custo; as indicación daranse ao comezar o curso.

xoves, 13 de setembro de 2018

Probas de acceso de serigrafía para alumnado preinscrito no curso 2018-19 na EMAO

¡IMPORTANTE!

Todas as persoas pre-inscritas no curso 2018-19 na Escola municipal de Artes e Oficios de Vigo, para seren definitivamente admitidas e poderen formalizar a matrícula deben necesariamente presentarse e superar as probas de acceso correspondentes a cada especialidade. No caso de Serigrafía a proba será o día 18 ás 16:00 horas.

 SERIGRAFÍA ARTÍSTICA
18 de setembro ás 16:00 horas


 ¿En que consisten as probas de acceso?

As probas de acceso constan de dúas partes:
  • Un cuestionario no que o aspirante deberá cumprimentar preguntas xenéricas. Estas preguntas nunca serán referidas a cuestións técnicas sobre a especialidade. A valoración do cuestionario será global de 0 a 10.
  • Un exercicio práctico co material específico de cada especialidade,
    no que non se valorarán coñecementos específicos previos relativos á especialidade, senón conceptos, como habilidade, actitude, recursos e creatividade.
A nota final sairá da valoración conxunta do cuestionario e mais a proba práctica, e ponderarase do 0 ao 10.
O tempo para realizar a proba de acceso a estas especialidades será aproximadamente de 30 minutos en total.
O/a aspirante presentarase no horario indicado co DNI e un bolígrafo.


Para consultar a convocatoria completa das probas de acceso e sorteo, pincha aquí.

Convocatoria xeral do curso 2018-19, pincha aquí.

Probas de acceso e sorteo para alumnado preinscrito no curso 2018-19 na EMAO

Todas as persoas pre-inscritas no curso 2018-19 na Escola municipal de Artes e Oficios de Vigo, para seren definitivamente admitidas e poderen formalizar, se é o caso, a matrícula, deben necesariamente presentarse e superar as probas de acceso correspondentes a cada especialidade, conforme ao seguinte

CALENDARIO DE PROBAS

CAIM GAITA E ZANFONA (Construcción Artesanal de Instrumentos Musicais)
17 de setembro ás 16:00 horas
OURIVARÍA
- Persoas preinscritas no Curso Básico: 17 de setembro ás 16:00 horas
- Persoas preinscritas en Curso Extraordinario: 19 de setembro ás 16:00 horas
ARTESANÍA EN COIRO
- Persoas preinscritas no Curso Básico: 18 de setembro ás 16:00 horas
- Persoas preinscritas en Curso Extraordinario: 19 de setembro ás 16:00 horas
SERIGRAFÍA ARTÍSTICA
18 de setembro ás 16:00 horas
CERÁMICA ARTÍSTICA
Día 19 de setembro ás 16:00 horas
DESEÑO E ENCAIXE DE PALILLOS
20 de setembro ás 16:00 horas
TALLA E ESCULTURA EN MADEIRA
20 de setembro ás 16:0 horas

SORTEO

Nas especialidades de PINTURA E DEBUXO ARTÍSTICO, para a selección do alumnado realizarase un SORTEO entre todas as persoas pre-inscritas, o
18 de setembro ás 12:00 horas na Biblioteca da EMAO. Este sorteo é público.

¿En que consisten as probas de acceso?

As probas de acceso constan de dúas partes:

  • Un cuestionario no que o aspirante deberá cumprimentar preguntasxenéricas. Estas preguntas nunca serán referidas a cuestións técnicas sobre a especialidade. A valoración do cuestionario será global de 0 a 10.
  • Un exercicio práctico co material específico de cada especialidade,
    no que non se valorarán coñecementos específicos previos relativos á especialidade, senón conceptos, como habilidade, actitude, recursos e creatividade.
A nota final sairá da valoración conxunta do cuestionario e mais a proba práctica, e ponderarase do 0 ao 10.
O tempo para realizar a proba de acceso a estas especialidades será aproximadamente de 30 minutos en total.
O/a aspirante presentarase no horario indicado co DNI e un bolígrafo.


Para consultar a convocatoria completa das probas de acceso e sorteo, pincha aquí.

Convocatoria xeral do curso 2018-19, pincha aquí.

martes, 31 de xullo de 2018

¿Queres matricularte en serigrafía emao?: Convocatoria do Curso 2018-2019 na Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO)

Para ver a convocatoria xeral de todas as especialidades ver aquí: https://bibliotecadaemao.blogspot.com/2018/06/convocatoria-do-curso-2018-2019-na.html

Convocatoria xeral do curso 2018-19

Información completa e horarios 

A preinscrición para as especialidades con prazas ofertadas poderá facerse:
Por internet [opción recomendada]: preme aquí
Presencial: na oficina administrativa da EMAO, entregando a tal efecto o impreso de pre-inscrición que se subministra na mesma
PRAZAS DE NOVO INGRESO QUE SE OFERTAN PARA O CURSO 2018-19
 Horario de tarde:
 Serigrafía artística. Nivel Básico: 15 prazas


CALENDARIO E PRAZOS:
Do 25 de xuño ao 7 de setembro: Preinscrición alumnado de novo ingreso (só internet).

Do 25 de xuño ao 31 de xullo e de 1 a de setembro: Preinscrición alumnado de novo ingreso (presencial e internet) 
30 de xuño: Listado de alumnado apto no curso 2017-2018.
14 de setembro: 
 • Publicación listados solicitantes novo ingreso.
 • Listados provisionais de alumnado procedente de cursos anteriores, coa súa asignación ao nivel que lle corresponde no curso 2018-2019. 
17-20 setembro: Celebración das probas de acceso, no/s día/s concretos que publicamente se indiquen nos primeiros día de setembro. 
21 de setembro:
 • Listas de admitidos de novo ingreso despois do sorteo e probas de acceso.
 • Listas definitivas de alumnado procedente de cursos anteriores, coa súa asignación ao nivel que lle corresponde no curso 2018-2019. A presenza neste listado significa que a súa matrícula foi dada de alta para este curso.
24-28 de setembro: Matrícula alumnado de novo ingreso. 
1 de outubro: Comezo do curso

Escola de verán. Monográfico de insolado e estampación con luz e tintes naturais.