venres, 14 de outubro de 2016

Proceso de realización dos traballos presentados para a exposición de "Castrelos, 800 anos de arte románica"


 Scriptorium Serigraficum
Curso Superior de Serigrafía Artística
Serigrafía a 9 tintas sobre papel tinguido con café.
Manual didáctico ficticio sobre a técnica serigráfica no que se amosa que foron os monxes da orde da Emao os que fixeron os planos de construcción da igrexa románica de Castrelos no ano 1216.









Bonus Track
O vestido "Bonus Track" está realizado con tela serigrafiada cos motivos románicos da igrexa de Castrelos.






Muro Norte
Muro Norte é unha instalación serigráfica baseada na riqueza da decoración interior dunha das ventás do muro norte da igrexa de Castrelos. O traballo foi realizado polo curso superior de serigrafía e consta dunha serigrafía sobre papel e unha pantaia serigráfica montada sobre caixa de luz de madeira.


Aquí sólo amosamos os traballos de serigrafía pero podes descargar o catálogo de todos os traballos realizados pola diferentes especialidades da escola aquí:
Descarga catálogo en formato PDF

Ningún comentario:

Publicar un comentario