No catálogo, que vimos de editar en formato exclusivamente dixital, recóllense as imaxes da totalidade das obras expostas e os textos e cartelas explicativos de cada unha.
Pódese descargar esta publicación en formato flash (libro con simulación de pase manual das páxinas) ou en pdf. Aquí tedes as ligazóns:
Descarga catálogo en formato Flash
Descarga catálogo en formato PDF
A arte románica en Vigo ten data: 1216. É o ano da construción da Igrexa de santa María de Castrelos, un dos exemplos mellor conservados do románico rural galego. No ano que andamos cúmprense, pois, os 800 deste monumento. Con este motivo, o profesorado e alumnado da Escola de Artes e Oficios de Vigo acordaron, a comezos do curso 2015-2016, adicar a esta efemérides a exposición do proxecto colectivo que pecha este ano académico.
Quíxose, con esta elección, facer un recoñecemento, unha conmemoración dende a
contemporaneidade, desta arte; pero tamén un irmanamento: a Escola de Artes e Oficios de
Vigo cumpre, neste 2016, cento trinta anos de idade: complicidades de respectables centenarias institucións.
Referenciada nese precioso momento da historia da arte que representa Castrelos, esta exposición é o resultado dunha visita consciente, necesaria
e creativa ao noso pasado; a plasmación dunha visión que, dende este
centro educativo adicado á formación en oficios artísticos, se quere
proxectar sobre o espectador, chamándoo ao recoñecemento, á valoración do propio, a lér a Historia dende o presente, a decatarse do fío que conduz á Artesanía e á Arte dende o pasado medieval ata a actualidade.
A Mostra -a partires da proposta temática feita polo profesorado en cadansúa aula para ser exposta á fin do curso- materializa esa visita e reflexión colectiva, esa visión admirada do noso alumnado a un elemento tan relevante do noso patrimonio cultural, coa conciencia de que a igrexa románica de Castrelos debe ser re-coñecida e valorada pola cidade. As obras que se exhiben concretan así os principios de interdisciplinariedade, excelencia técnica e creatividade que figuran como base do proxecto formativo da Escola.
A Mostra -a partires da proposta temática feita polo profesorado en cadansúa aula para ser exposta á fin do curso- materializa esa visita e reflexión colectiva, esa visión admirada do noso alumnado a un elemento tan relevante do noso patrimonio cultural, coa conciencia de que a igrexa románica de Castrelos debe ser re-coñecida e valorada pola cidade. As obras que se exhiben concretan así os principios de interdisciplinariedade, excelencia técnica e creatividade que figuran como base do proxecto formativo da Escola.
A dirección do alumnado e da montaxe de cada unha das obras expostas, correspondeu ao profesorado
de cada especialidade participante. Na exposición, producida integramente pola EMAO, participan con
obra propia colectiva os obradoiros de Debuxo (profesor: Federico Fernández), Cerámica artística
(profesor Miguel Vázquez), Serigrafía artística (profesora Alba Pardo), Pintura (profesora Paula Mariño), Talla e escultura en madeira (profesora Rosa García), Ourivaría (profesora Sandra de Jesús), Deseño e encaixe de Palillos (profesora Marian Núñez), Artesanía en Coiro (profesor Pepe Pereira), Luthería antiga (profesor Ramón R. Casal) e Construción de Gaita (profesor Carlos Corral).
Como asesor histórico e arqueolóxico desta mostra contouse co profesor Francisco Javier Ocaña Eiroa, que foi o encargado de impartir a conferencia que sobre este tema abríu o proceso creativo dos talleres. Tamén é deste especialista o video que se pasa en contínuo no noso Espazo EMAO.
Agora, Ocaña vén de publicar online un libro que recolle o contido e imaxes daquela conferencia. O libro, baixo o título Santa María de Castrelos, 800 anos de vida románica,
é unha completa e única monografía existente sobre a historia,
arquitectura e simboloxía deste monumento, facendo especial fincapé nas
referencias comparativas, abundantemente ilustradas, coa arte románica
española e europea.
Este libro, en formato pdf, pode descargarse libre e integramente aquí.
As seguintes imaxes son dos traballos que aportou a aula de Serigrafía artística para a expo:
Scriptorium Serigraficum
Curso Superior de Serigrafía Artística
Serigrafía a 9 tintas sobre papel tinguido con café.
Manual didáctico ficticio sobre a técnica serigráfica no que se amosa que foron os monxes da orde da Emao os que fixeron os planos de construcción da igrexa románica de Castrelos no ano 1216.
Curso Superior de Serigrafía Artística
Serigrafía a 9 tintas sobre papel tinguido con café.
Manual didáctico ficticio sobre a técnica serigráfica no que se amosa que foron os monxes da orde da Emao os que fixeron os planos de construcción da igrexa románica de Castrelos no ano 1216.
Muro Norte
Muro Norte é unha instalación serigráfica baseada na riqueza da decoración interior dunha das ventás do muro norte da igrexa de Castrelos. O traballo foi realizado polo curso superior de serigrafía e consta dunha serigrafía sobre papel e unha pantaia serigráfica montada sobre caixa de luz de madeira.
O vestido "Bonus Track" está realizado con tela serigrafiada cos motivos románicos da igrexa de Castrelos.
Para máis información sobre os traballos presentados e os seus procesos de realización podedes consultar este enlace: http://serigrafiaemao.blogspot.com.es/2016/10/proceso-de-realizacion-dos-traballos.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario